xoves, 26 de abril de 2018

SEGREDOS NO SOLPOR - 3º A+B

Iria Misa ambienta esta engaiolante novela de intriga en Bico. A trama comeza coa aparición dunha amiga de Mara tirada na estrada, en fronte do Hotel O Solpor.
Algún coche que saíu da rotonda a máis velocidade da debida levouna por diante, e o condutor, ao parecer, deuse á fuga.
Outro máis dos enigmas incrustados nas paredes do antigo edificio, baixo as vellas fotografías de Bico que decoran os cuartos e os corredores. A chegada de Antón e os seus pais, xunto coa aparición dunha nota entre os libros do tío Paco, axudaranlle a comprender os segredos que garda o hotel e a desvelar as razóns de tan estraño atropelo.

luns, 23 de abril de 2018

23 ABRIL, DÍA DO LIBRO

Alumnos do club colaboraron no deseño da exposición Quen con quen? que busca dar un paseo polas obras da literatura universal que todo o mundo recoñece como imprescindibles.
Seleccionaron 30 autores e engadiron pistas sobre eles, a súa caricatura e fragmentos dalgunha das súas obras, probablemente das máis representativas.
Con eses datos só hai que intentar recoñecer quen é quen, e ubicar sobre eles os rótulos móbiles.
Tamén deseñaron un cuestionario para percorrer a exposición.

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO


martes, 17 de abril de 2018

EL MÉTODO 15/33 - 4º A

Despediremos o club coa lectura desta novidade editorial, premio  National  Indie  Excellence para a mellor novela de suspense de 2015.
el metodo 15/33-shannon kirk-9788466658782
Lisa ten 16 anos, antecedentes académicos intachables, habilidades para a ciencia e unha intelixencia que supera á media. Con todo, hai outra característica da súa personalidade que a converte nunha moza diferente ás demais: padece un  transtorno que lle impide  empatizar coa súa contorna. Por iso, cando é secuestrada con sete meses de embarazo, Lisa non sente medo ou desesperación, senón que se enfoca na construción dun plan perfecto que lle permita destruír ao seu  carceleiro.
Tamén podemos comezar a ler aquí.

USHA, 1º C

 
Os artistas de 1º C, tras Temblor, déixanse levar por María Reimóndez con Usha. Con que nos sorprenderán nesta ocasión? As ilustracións de Iván Sende servirán de motivación?
"Uxía, Usha para os seus amigos, escribe o relato da súa estancia en Devastana, na India. A rapaza galega, que acompañaba a súa nai, membro dunha ONG, rememora a vida cotián da súa escola india. Alí amigou con Lakshmi e Deepak, coñeceu novos costumes, enfrontouse a imprevistos..."
Contamos tamén co Proxecto Lector.

martes, 3 de abril de 2018

TONECHO DE REBORDECHAO, 1º A+B

Breogán Riveiro presentanos a Tonecho.
Rebordechao é unha aldea que queda alá por… chegando á… O certo é que non é doado atopar Rebordechao, nen sequera aínda que a busques. Neste lugar perdido vive Tonecho, o neno máis bo e máis guapo, o mellor de todos, porque en Rebordechao… non quedan máis nenos ca el.