Amosando publicacións coa etiqueta Todos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Todos. Amosar todas as publicacións

luns, 16 de outubro de 2023

PLATAFORMA DE PRÉSTAMO DIXITAL

A plataforma de lectura dixital E-LBE.2 enriqueceu o seu catálogo con varios centos de novos fondos, en diversos formatos (Epub, audiolibros, podcasts…) e diferentes linguas.

Como xa sabedes, para entrar precisades a identificación e a chave de acceso. Se esquecestes estes datos, mirade no taboleiro da aula ou preguntádelle ao voso coordinador do club de lectura.

xoves, 25 de maio de 2023

EXCURSIÓN

E mañá, 26 de maio, temos prevista a excursión que pecha a actividade deste curso. Cara Á Guarda viaxarán 99 alumnos e 5 profesores para realizar:
  • Unha visita ao castro de Santa Trega dende onde poderán apreciar a desembocadura do río Miño.
  • Unha ruta polo casco antigo.
  • Unha andaina pola ruta das cetarias (5 km) ata  a praia “Area Grande”.
  • Unha xornada de praia.

Contarémosvos que tal resultou este fin de festa co que pechamos as actividades do club e premiamos aos que, semana a semana, se reuniron para festexar a lectura.

martes, 10 de xaneiro de 2023

COMO NON LER?


Gianni Rodari, na súa obra “La escuela de la fantasía”, aporta unha clara e interesante reflexión acerca de cómo podemos contribuír a que os nenos detesten a lectura. Fai unha clasificación en nove apartados que sinalamos de seguido.

  1. Presentar o libro como unha alternativa á televisión.
  2. Presentar o libro como unha alternativa á historieta.
  3. Dicirlles aos nenos de hoxe que os nenos doutra época lían máis.
  4. Considerar que os nenos teñen demasiadas distracións.
  5. Botarlle a culpa aos nenos se non aman a lectura.
  6. Transformar o libro nun instrumento de tortura: ás veces, hai tarefas coas que imos engadindo dificultades á lectura en lugar de facilitala. Fan que o libro de lectura deixe de ser divertido, deixe de interesar, de conmover. O libro que entra na escola como un esquema de rendemento escolar, non se converte en algo fermoso, senón en algo que serve ao mestre para expresar un xuízo.
  7. Negarse a lerlle ao neno.
  8. Non ofrecer unha opción suficiente.
  9. Ordenar ler.

O que temos é que crear as condicións para que os nenos lean. O amor á lectura non é unha técnica é algo moito máis interior vinculado á vida.


luns, 14 de novembro de 2022

MEDRAMOS!!!!!!!!!

Encantados este curso coa resposta entusiasta do alumnado. Aos 10 grupos de Secundaria, súmase un en 6º de Primaria!

E aínda pode haber máis cambios pois sabemos que algún profe máis está interesado.


mércores, 6 de abril de 2022

OS MÁIS LIDOS POLOS CLUBS NO 20-21

Como en anos anteriores, trala revisión das memorias dos Clubs de lectura do curso 2020/2021, pódese coñecer a relación dos 50 títulos máis lidos polos clubs nese período.

mércores, 20 de outubro de 2021

POR FIN!!!

Isto vai collendo cara!!!!

Oito profes, oito grupos e o de adultos que parece que esperta por contaxio. Xa fixemos as reunións para elixir as primeiras lecturas e iniciamos cunha distribución que sabemos mudará ao longo do curso:

  • Elena: 1º A - Bone.
  • Cristina: 1º B - Pequeñas cosas.
  • Katia: 1º C - Esmeraldina.
  • Antía: 1º D - Memorias dun neno labrego.
  • Gabriela: 2º A - Invisible.
  • Esther: un mix de alumnos de 2º B, 2º C, 3º B e 3º C - Asterix e Cleopatra.
  • Xoán: 4º A - Enderezo descoñecido.
  • Conchi: 4º B - O círculo escarlata.
  • Adultos: Los días perfectos de Jacobo Bergareche.
Estamos entusiasmados coa resposta e non queremos perder a ninguén polo camiño. A ver se o conseguimos.

domingo, 27 de xuño de 2021

ABUR!

 

A nosa equipaxe de verán vai chea de ilusións, experiencias por vivir e... libros!!!
Toca agora gozar do descanso merecido.
Vémonos en setembro.

xoves, 10 de xuño de 2021

DESPEDIDA E EXCURSIÓN

Como cada ano, rematamos a nosa experiencia lectora cunha xornada de convivencia entre os clubs chea de actividades.
A petición do alumnado, marchamos a un paintball en Vigo onde descargar adrenalina evitando contactos. Temos que recoñecer que, a pesar das nosas dúbidas, foi un éxito.

Para ver máis fotos clicade na imaxe

mércores, 21 de abril de 2021

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

 A expo da biblioteca estanos agardando e as actividades que biblogcaniza agocha baixo a etiqueta Día libro, tamén.

OS 40 MÁIS LIDOS NO 2019/2020

Xa coñecemos a lista dos títulos máis lidos nos clubs de lectura, así como o número de lectura realizadas de cada autor ou autora, tendo en conta as diferentes obras lidas de cada un deles.

xoves, 12 de novembro de 2020

ORGANIZÁMONOS


Estamos case a punto e, ante a tímida resposta, contamos con tres grupos, un en 1º da ESO, outro en 2º e outro en 4º.
Organizamos a coordinación dos grupos alternando a actividade entre nós. Deste xeito comeza Esther con 1º, Elena con 2º e Conchi con 4º. En canto rematen as lecturas, serán substituídas por Irene, Belén, César e Zaixega.
Como ademais haberá baixas, estes grupos poderán modificarse segundo as necesidades.

luns, 25 de novembro de 2019

25 NOVEMBRO

Durante esta semana, os clubs de lectura desenvolverán actividades relacionadas co día.
Algunha delas:


  • Selección de lecturas, vídeos e/ou música cos que elaborar taboleiros temáticos. Como aperitivo...
Coa versión realizada por Dario DK para o CPI de Mondariz.

martes, 29 de outubro de 2019

OBRADOIRO DE CONTOS DE MEDO

Comezamos con excursións!!!
O xoves 24 visitamos o Museo Etnolóxico de Ribadavia para realizar un taller sobre contos de mortos, aparecidos, santa compaña...
Compartimos co alumnado dos IEs da Cañiza e Ribadavia e combinamos análise, creación  e reinvención. Puxo o peche a actuación de Brais das Hortas.