domingo, 18 de marzo de 2012

Club Adultos

Tiempo de Arena, de Inma Chacón (finalista do Planeta 2011), foi a nosa elección para a reunión do 27 de abril.
Un pequeno fragmento aquí.

Novela histórica que contén elementos de misterio a raíz da desaparición de dous nenos e a inclusión de elementos referentes á masonería. 

A loita pola igualdade e a tradición fronte á modernidade a finais do século XIX e principios do XX son algúns dos temas que marcan este relato protagonizado por catro mulleres fortes, mesmo na súa debilidade. 

Loita e carácter levaranas a buscas desesperadas, renuncias e esperas interminables. 

Gustaranos?

martes, 6 de marzo de 2012

La mansión de los abismos


Crime, misterio, traxedia...
O CLub de 3º+4º comeza unha nova aventura da man de Joan Manuel Gisbert con:
Ao longo da historia, sempre existiron mansións e edificios que albergaban e escondían cousas imposibles de sospeitar a simple vista. A mansión dos abismos é un exemplo perfecto diso. O seu aire tétrico e sombrío, e a súa proximidade aos abismos sobre o mar, non son máis que un remoto indicio do que é en realidade.
           Para ler máis.

luns, 5 de marzo de 2012