Amosando publicacións coa etiqueta Actualidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Actualidade. Amosar todas as publicacións

xoves, 12 de febreiro de 2026

FUXE SEN MIRAR PARA ATRÁS, 4B

Velocidade, aventura, vertixe, mareo, pánico, dor.... dúas semanas chegan para cambiarlle a vida a Enrique, o protagonista.
E como di Héitor, «cando se foxe, non hai que mirar cara a atrás».
Luis Leante presenta unha historia que non defraudará. Guía lectura.
.

luns, 12 de xaneiro de 2026

TEMBLOR, 3C

Na seguinte lectura, Temblor de Maggie Stiefvater, os membros do Club de lectura de 3º C tremerán. Será de medo ou de amor?
Grace, unha moza moi práctica e independente, coñece a un mozo, Sam, que esperta nela familiaridade, pero tamén inquietude.
Poderán superar os obstáculos que existen nas súas vidas?
 

Aquí o primeiro capítulo.

venres, 3 de outubro de 2025

EL SÓTANO, 2BC

Eliximos para as nosas reunións a Natasha Preston e El sótano. Se entras, atraparate... así nos anima a propia autora.
Catro mozas encerradas por un secuestrador. Elas son as súas flores, as súas perfectas e puras flores. Pero canto tempo poderán sobrevivir dentro do soto?

Aquí o primeiro capítulo

martes, 30 de setembro de 2025

EL ORDENADOR ASESINO, 1C

Pode asasinar un computador? Por que, se non, morreron seis persoas ante un OMNIA 3 en menos dun mes? Existe algunha conexión entre esas mortes?
Unha moza inspectora de policía está disposta a pescudalo aínda a risco da súa vida, e o resultado das súas pescudas conducirá ao lector a unha arrepiante conclusión: detrás da pantalla ocúltase un adversario tan inesperado como perigoso...
Serán capaces os lectores deste club de desentrañar o misterio?
Acaso corremos algún perigo con tanta dixitalización?

sábado, 1 de febreiro de 2025

EL AMOR ES DEMASIADO COMPLICADO, 1B

Andrés Guerrero conseguiu plasmar a dualidade do amor, a simpleza e complexidade dun mesmo sentimento, nunha serie de viñetas e historias curtas que fan que nos sintamos identificados.
Está compilación fala das barreiras físicas que son só iso: físicas, que non impiden que os sentimentos afloren. Tamén fala de amores non correspondidos ou do correspondidos pero aínda non recoñecidos, e de amores equivocados. Por suposto non podería deixar de lado os amores dixitais, que nacen nas  apps de  ligoteo que todos coñecemos.

venres, 10 de xaneiro de 2025

YO ESTUVE AQUÍ, 4B

Os de 4º continúan con Yo estuve aquí de Gayle Forman
Cody cría sabelo todo acerca dao súa mellor amiga Meg, unha moza intelixente, admirada e cunha personalidade irresistible. Pero que a levou a un suicidio tan meticulosamente planificado?
Cody necesita entender, coñecer, reescribir a súa amizade. Iso é o que tenta cando se despraza á universidade de Tacoma a recoller as cousas de Meg. Unha viaxe que poñerá en dúbida todo cando cría saber sobre a súa amiga. Un camiño que a enfrontará a cuestións difíciles de soportar e que a levará ao límite de si mesma.

xoves, 12 de decembro de 2024

VERDADE, 4A

Terminada a primeira parte, imos pola segunda.
Despois de ser absolto do cargo de asasinato, do que fora inxustamente acusado con 14 anos, e de demostrar a súa inocencia, Éric sae do Correccional de Menores. Con todo, a reinserción nunha sociedade cargada de prexuízos vaille resultar aínda máis dura.
Xenia axudoulle a superar unhas barreiras que lle parecían infranqueables, pero será o amor unha forza suficiente para superar as dificultades agora?

martes, 3 de decembro de 2024

22 SEGUNDOS, 3D

Continuamos con Eva Mejuto e 22 segundos.

"Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá -ou non quererá comprender- nada. O distinto asusta, dá vertixe porque obriga a cuestionarse tantas cousas... E por iso fago este vídeo, porque non quero ter máis medo, nin vergoña de ser quen son."Antes de que lle dese tempo a pensar, conectou a cámara co ordenador. Vinte e dous segundos. Ese foi o tempo que tardou o arquivo en subir á rede. "22 segundos"
Ficha do libro aquí.
Motivaremos o diálogo con estas curtas sobre os estereotipos e sobre a aceptación dun mesmo.

martes, 21 de maio de 2024

DE EXCURSIÓN, 2024

Pechamos actividade, coma sempre, cunha xornada de convivencia intergrupal. Aquí vai un aperitivo.

mércores, 27 de marzo de 2024

sábado, 23 de marzo de 2024

APOIO

Os de 1º B leron Déixao medrar, e agora, podemos escoitar que lle pareceu a lectura a María, Lucas e Isabel.

xoves, 1 de febreiro de 2024

BONE 2, 3B

BONE 2 de Jeff Smith
Intrigados co Bone 1, deciden ler a súa continuación: Bone 2 La gran carrera de vacas.
Aparecerá de novo o dragón? Coñeceremos que une a Phoney co líder das mostrorratas? Chegarán a Boneville?
Coñeceremos a resposta a estas preguntas ou teremos que seguir lendo os nove tomos da serie?

mércores, 24 de xaneiro de 2024

O NENO DO PIXAMA A RAIAS, 3B

Nós queremos ler un clásico nos nosos clubs, O neno do pixama a raias de Jhon Boyne.
Estamos listos xa para comezar a ler, a traballar coa guía do IES de Pastoriza e a investigar.

martes, 3 de outubro de 2023

QUEN SE APUNTA?

Os do club buscan lectores e seguro que os profes xa volo terán recordado, pero, se non é así, preguntade na biblioteca.
Seguro que haberá un club para vós.

venres, 16 de xuño de 2023

xoves, 25 de maio de 2023

EXCURSIÓN

E mañá, 26 de maio, temos prevista a excursión que pecha a actividade deste curso. Cara Á Guarda viaxarán 99 alumnos e 5 profesores para realizar:
  • Unha visita ao castro de Santa Trega dende onde poderán apreciar a desembocadura do río Miño.
  • Unha ruta polo casco antigo.
  • Unha andaina pola ruta das cetarias (5 km) ata  a praia “Area Grande”.
  • Unha xornada de praia.

Contarémosvos que tal resultou este fin de festa co que pechamos as actividades do club e premiamos aos que, semana a semana, se reuniron para festexar a lectura.

mércores, 24 de maio de 2023

A LEBRE MECÁNICA, 3º ESO A

Con Ledicia Costaseste Premio Lazarillo de Creación Literaria 2021, pecharemos a actividade deste curso.

As cousas entre Nana e Corvo ultimamente non van nada ben. Conseguiran construír un mundo onde compartían todo: películas, música, manga, videoxogos... Non querían separarse nunca. Mais iso era antes. Agora Corvo desaparece durante horas e non conta onde vai. Cando Nana lle pregunta que lle pasa, enfádase. No seu grupo de amigos ninguén comprende que lle sucede. Desde que empezou a ir en serio coas apostas semella outro. O que antes era pura diversión converteuse nun pesadelo. Case sen decatarse, Corvo acaba metido nunha rede de problemas da que semella imposible saír.

UNHA ESTRELA NO VENTO, 1º ESO A+D

Aínda que o leron os de 3º, por que non podemos intentalo os de 1º? A por el.