venres, 29 de outubro de 2021

MEMORIAS DUN NENO LABREGO, 1º ESO D

Neste grupo elixiron Memorias dun neno labrego de Neira Vilas.
O libro recolle o suposto caderno no que Balbino, un rapaz de aldea que vive na década de 1940, escribe
 "Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo [...] Ninguén me di para que serven as estrelas nin onde morrren os paxaros".
No vídeo, o propio autor conta ao alumnado do CPI A Picota como se inspirou para crear o personaxe de Balbino.

xoves, 28 de outubro de 2021

ESMERALDINA, A PEQUENA DIFUNTA, 1º ESO C

Coa obra de Ledicia Costas comezamos a actividade.

Nas cociñas do hotel Fantastique, a pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da súa avoa A Tremenda, unha chef de sona mundial.

Un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da nena, empezan a chegar ao hotel defuntos de todas as procedencias, e Esmeraldina, axudada por Lady horreur e Nicotina, aprende a ser unha pantasma de verdade.

A ficha de lectura da editorial Xerais tamén nos pode axudar na lectura ou os book tráiler da novela realizados polos "youtubeiros" do CPI Viaño Pequeno (Trazo).

Seremos capaces de facer algo similar? A intentalo!!!

martes, 26 de outubro de 2021

PEQUEÑAS COSAS, 1º ESO B

 
Esta xoia de Mel Tregonning encherá as reunións deste club que encherán esas páxinas de palabras. A ver que tal se lles dá.
Pequeñas cosas é a historia dun neno que ten medo do mundo, medo da soidade, medo das persoas..., un neno como calquera outro, nun mundo como o noso.
Sen palabras, só a través de imaxes, Pequenas cousas narra a historia dun neno que se sente só fronte aos seus problemas, pero que aos poucos entenderá que a axuda que necesita non está tan lonxe como cre.
Podemos empezar a "ler" aquí.
Tamén pode axudar esta montaxe que en cursos pasados realizaron outros lectores dos clubs.

luns, 25 de outubro de 2021

BONE, 1º ESO A

Comezamos cun antigo éxito nos clubs de lectura: Bone 1, Lejos de Boneville, de Jeff Smith. Elixida pola revista Time como unha das 10 mellores novelas gráficas de todos os tempos.
A historia de tres primos -Fone Bone, Phoney e Smiley- expulsados de Boneville e perdidos nun enorme e descoñecido deserto. Tras diversos incidentes reuniranse na cidade de Barrel Haven alleos á conspiración que se tece en torno a eles e sen percatarse de que as súas aventuras só acaban de comezar.

Como aperitivo, analizade nesta viñeta con que velocidade lles chega o inverno. Sorprenderanos a nós igual?

mércores, 20 de outubro de 2021

POR FIN!!!

Isto vai collendo cara!!!!

Oito profes, oito grupos e o de adultos que parece que esperta por contaxio. Xa fixemos as reunións para elixir as primeiras lecturas e iniciamos cunha distribución que sabemos mudará ao longo do curso:

  • Elena: 1º A - Bone.
  • Cristina: 1º B - Pequeñas cosas.
  • Katia: 1º C - Esmeraldina.
  • Antía: 1º D - Memorias dun neno labrego.
  • Gabriela: 2º A - Invisible.
  • Esther: un mix de alumnos de 2º B, 2º C, 3º B e 3º C - Asterix e Cleopatra.
  • Xoán: 4º A - Enderezo descoñecido.
  • Conchi: 4º B - O círculo escarlata.
  • Adultos: Los días perfectos de Jacobo Bergareche.
Estamos entusiasmados coa resposta e non queremos perder a ninguén polo camiño. A ver se o conseguimos.

luns, 18 de outubro de 2021

DÍA DAS ESCRITORAS, 2021

"Ler as idades da vida" é o lema deste ano, co que reivindicar o legado das escritoras a través da historia. E para visibilizar a obra das nosas escritoras, aquí unha recompilación.