sábado, 20 de novembro de 2021

LOS DÍAS PERFECTOS, ADULTOS

 
Luís, un xornalista canso do seu traballo e o seu matrimonio, planea asistir a un congreso en  Austin,  Texas. A viaxe é unha mera coartada para atoparse brevemente con  Camila, quen se converteu no único aliciente da súa vida. Pero cando está a piques de partir, recibe unha mensaxe súa: «Deixémolo aquí, quedemos o recordo».  Desconsolado e sen saber que facer en  Austin, refúxiase nun arquivo da universidade, onde se topa casualmente cunhas cartas de William  Faulkner á súa amante Meta  Carpenter. A lectura desta longa correspondencia axúdao a reconstruír o recordo da súa aventura amorosa e a reflexionar sobre a súa  tedioso matrimonio, pero tamén a preguntarse como hai que vivir para lograr que cada día valla a pena.
Podemos comezar a ler aquí e incluso ver a entrevista que o autor, Jacobo  Bergareche, concede a Página Dos de TVE.

O CÍRCULO ESCARLATA, 4º ESO B

Comezamos coa continuación que Cesar Mallorquí vén de publicar a As lágrimas de Shiva.
"Nunha ocasión, hai xa ben de tempo, vin unha pantasma. E logo, catro anos despois, vin outra. A primeira pantasma era amable, mesmo arrecendía que daba gusto. A nardos. Era o espírito de Beatriz Obregón; grazas a ela atopei as Lágrimas de Shiva, un fabuloso colar que estivo perdido durante setenta anos.
A segunda pantasma foi moito menos amable. Metía medo e, desde logo, non arrecendía precisamente a nardos. Tiven un desagradable encontro con ela na Mansión Kraken, pouco despois de escoitar falar por primeira vez do Círculo Escarlata, unha escura e sinistra seita tan antiga coma o tempo. Iso ocorreu no verán de 1973, catro anos despois da miña estancia en Vila Candeloria, o fogar dos meus tíos e das miñas curmás, os Obregón."
 

mércores, 10 de novembro de 2021

ENDEREZO DESCOÑECIDO, 4º A

Enderezo descoñecido de Kressmann Taylor conta a sorprendente historia de Max (xudeu) e Martin (alemán) dende o momento en que este último retorna ao seu país, coincidindo co ascenso do partido nazi.
Esta obra, que representa unha das máis estarrecedoras arengas contra o nazismo, publicouse por primeira vez en 1938 e chegou a estar na lista de libros prohibidos do Reichskommisar.
A autora reflectiu a realidade política e social da Alemaña nazi e baseouse nunha historia real que lle contaron acerca duns íntimos amigos (un xudeu e outro alemán), que se distanciaron por motivos políticos, quedando a súa vella amizade rota para sempre.
Aquí temos a Fran Alonso facéndonos a súa recomendación persoal.

venres, 5 de novembro de 2021

ASTÉRIX E CLEOPATRA, 2ºBC+3º

Astérix e Obélix enfróntanse a unha nova misión: construír un palacio para a mesmísima Cleopatra!
Se ata temos unha singular adaptación en galego.