luns, 28 de decembro de 2015

CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA, 2016

A Secretaría Xeral de Cultura vén de facer público o Calendario do libro e da lectura para o ano 2016 no que se lembran algunhas das datas máis relevantes neste ámbito para o ano que comeza.
A autora da ilustración é Tania Solla.

mércores, 16 de decembro de 2015

NADAL 2015

Bo Nadal a todos e boas lecturas.

Los caminos del miedo



Buscando algún libro sugerente y apropiado para nuestro club lector en la biblioteca del colegio, nos detuvimos en este título, Los caminos del miedo. Junto a lo atractivo de su título,  tenía la ventaja de ser un conjunto de cuatro relatos, lo cual planificaba perfectamente nuestras siguientes sesiones. Además, ya conocíamos de otras lecturas a su autor, Joan Manuel Gisbert, a quien tuvimos la suerte de conocer hace ya unos años y del que podéis saber más visitando su página web.


Comentando los cuatro relatos, los miembros del club lector hemos coincidido en la idea de que nuestros temores a menudo se basan en razones poco fundadas y que no emanan objetivamente de las circunstancias que nos rodean, antes bien somos nosotros los que proyectamos nuestros estados de ánimo sobre los distintos estímulos, construyendo temores y miedos que a veces nos bloquean y superan. 


Eso es lo que les ocurre en buena medida a Solange, a Jules, a Julien de la Marne, a Hans de Turingia o a María Luisa, la atemorizada vecina de Las pupilas de obsidiana. Los protagonistas no sólo son presa de sus miedos sino que ellos mismos  los amplifican debido a su carácter obsesivo.

Nuestro compañero Álex Álvarez, gran lector y fantástico dibujante, nos obsequia con esta visión personal de La fábrica de Amberes, sin duda la gran protagonista del primer relato y probablemente el que más nos ha gustado junto a Los mensajeros de la muerte.




xoves, 3 de decembro de 2015

ALGO PASA...

Algo pasa no club de 4º A+C...
En plena sesión de lectura fomos visitados por unhas estranas formas que conseguimos capturar nesta instantánea.
 
Seguidamente adquiriron corporeidade case humana cunha linguaxe inintelixible para nós.

Pero recuperamos a calma e, como vedes, o sorriso para continuar.












Por certo, grazas Elena e grazas Leandro, por axudarnos a crear ambiente.

xoves, 19 de novembro de 2015

ABIERTO TODA LA NOCHE, ADULTOS

 
Abierto toda la noche, de David Trueba, centrará a nosa charla na reunión do 28 de xaneiro.
Como dixo Ambrose Bierce, «o fogar é o único local aberto toda a noite». E nesta novela o fogar é o dos Belitre, unha familia tan numerosa como disparatada. Nela atopamos a Matías, un neno de doce anos que sofre unha misteriosa enfermidade mental, a un avó entregado á poesía e á relixión, e ata unha parella de desamparadas testemuñas de Xehová.
Se atendemos á crítica:
“Trueba consigue mostrarnos los aspectos más sorprendentes y extravagantes de la vida cotidiana con una espontaneidad perturbadora.”
J. A. Masoliver Ródenas, La Vanguardia

“Trueba es un narrador de gran talento, dotado de un sentido de la fantasía desbordante con un pellizco de ironía que le permite reírse de las aventuras cotidianas de una familia, de cualquier familia del mundo.”
Darmstädter Echo

“Un sentido del humor arrollador.”
Concha García Campoy, El Mundo

luns, 9 de novembro de 2015

GÁRGOLA, 1º C

Gárgola de Carlos Villa Sexto é a primeira elección.
Unha novela de terror na que o realismo da ambientación convive coa presenza do sobrenatural e o inexplicable. Jeremy ten un mal soño que volve unha e outra vez, un horrible pesadelo que está a indicarlle algo. A súa nai morreu en circunstancias estrañas, ao igual que varios amigos do seu pai. ¿Que foi o que ocorreu? ¿Cal é o significado dos seus atroces pesadelos? ¿Quen é ese ser sen rostro que o aborda pola rúa e lle fala do seu pasado? Jeremy vai emprender unha investigación que rematará converténdose nunha dolorosa viaxe cara ao medo.

luns, 2 de novembro de 2015

TES ATA AS 10, 3º A+C

Unha novela trepidante con tres eixos: Vigo, a historia recente e a influencia das lecturas da infancia. Todo engarzado co xénero da busca do enigma, co que Francisco Castro busca enganchar ao lector até a páxina final.
Antonio non daba creto ao correo que viña de entrarlle no seu ordenador. Era de seu pai. O problema é que o seu pai leva morto un día. Así arranca esta trepidante historia de intriga e suspense na que Francisco Castro constrúe unha trama que contén, á súa vez, moitas historias distintas. A través de correos electrónicos, cartas e outra clase de pistas misteriosas e sorprendentes, o seu pai, morto, ou quen está a facerse pasar por el, vai obrigando a que o protagonista investigue un terrible asunto do pasado que quedou sen resolver. Libros misteriosos, vinganzas dende o Máis Alá, historias de amor que hai que manter ocultas..., todo un mollo de asuntos nunha novela que nos vai levar de viaxe pola historia recente de España e Galicia, mais tamén por dentro do corazón dos namorados que o están de verdade.

domingo, 1 de novembro de 2015

LOS MEJORES RELATOS DE TERROR, 4º A+C

Nesta interesante selección reúnense algúns dos mellores contos de terror escritos polos grandes mestres do relato fantástico: Poe, W.W. Jacobs, H. P. Lovecraft, Horacio Quiroga... Un medo que xorde con sutís pinceladas e non con sanguentas descricións.
Pódeos axudar na lectura a proposta de actividades da editorial Alfaguara.
Pasarémolo de medo. Empezamos xa?
                              

sábado, 31 de outubro de 2015

LER

LISTOS!!!!!

E seguimos medrando... 120 alumnos comezan este curso as actividades do club e serán 7 os profesores que os coordinen: Elvira, Conchi e Xabier, do Departamento de Lingua Galega; Pilar, do de Lingua Francesa e Carmen, Pablo e Mª Esther de Lingua Castelá.
Cantos valentes chegarán a xuño?

luns, 26 de outubro de 2015

AMOR PERDURABLE, ADULTOS

Conta a historia dunha parella que presencia por casualidade un terrible suceso. Joe e Clarissa son novos, maduros, cultos e tamén felices ata que a caprichosa aparición dun fanático con tendencias místicas cuestiona os cimentos da súa vida.

luns, 5 de outubro de 2015

Á CAZA

Os coordinadores do club de lectura andan á caza de lectores e lecturas.
Moito coidado!!!!!

martes, 29 de setembro de 2015

martes, 8 de setembro de 2015

JANE EYRE, ADULTOS

Jane Eyre, de Charlotte Brönte, foi a elixida para a reunión do 23 de outubro.
Dona dun singular temperamento desde a súa complicada infancia de orfa, primeiro a cargo dunha tía pouco cariñosa e despois na escola Lowood, Jane Eyre logra o posto de institutriz en Thornfield Hall para educar á filla da súa atrabiliario e peculiar dono, o señor Rochester. Aos poucos, o amor irá tecendo a súa rede entre eles, pero a casa e a vida de Rochester gardan un estremecedor e terrible misterio.
 A pesar do seu marcado toque romántico, é unha novela que no momento da súa publicación foi tachada de controvertida e revolucionaria. Adeamais, ao longo da novela reflíctese unha crítica ferinte a unha sociedade rancia e un canto á valentía e ao amor. Unha historia de amor e intriga na Inglaterra do século XIX.
Como complemento á lectura, podemos ver a película. Aquí un petisco.

luns, 18 de maio de 2015

xoves, 14 de maio de 2015

2º INTENTO

Este luns día 18 pretendemos, se o tempo nos deixa, facer a visita aprazada a Ourense.
Aproveitando a recentemente inaugurada exposición do Centro Cultural Marcos Valcárcel, faremos:
  • Unha visita á exposición “Darwin y el evolucionismo”.
  • Un roteiro literario pola cidade.
  • Un percorrido, con baño incluído se o desexan, polas termas públicas de Outariz ou a Chabasqueira.


A actividade correrá a cargo do Club de lectura e da Biblioteca, agás o desprazamento en autobús urbano ata as termas (0,85 €) que correrá a cargo do alumnado que, ademais, deberá levar comida e bebida para o xantar.
A hora de saída do centro será ás 8:50 horas e a hora de chegada á Cañiza arredor das 17:30 horas, polo que poderán regresar a casa no transporte habitual.

domingo, 3 de maio de 2015

IMOS DE PASEO

O luns día 4 marchamos de visita a Ourense onde  realizaremos:
  • Un rápido percorrido pola zona centro: “Lendo esculturas”.
  • Un roteiro literario cunha guía especializada.
  • Un visita, con baño incluído para os que o desexen, ás termas públicas de Outariz.
A actividade correrá a cargo do Club de lectura e da biblioteca, polo que será gratuíta para o alumnado, que só deberá levar comida e bebida para o xantar.
A hora de saída do centro será ás 8:50 horas e a hora de chegada á Cañiza arredor das 17:30 horas, polo que poderán regresar a casa no transporte habitual.

sábado, 2 de maio de 2015

VEINTE MIL LEGUAS... 3º + 4º

Para baixar aos abismos do mar, Jules Verne imaxinou un personaxe épico, o atormentado capitán Nemo, un sabio desenganado da raza humana, que se move por unha desas obsesivas reivindicacións tan típicas da novela de aventuras: a xustiza implacable, non exenta de vinganza, e a humillación do adversario.
A novela conta tamén con actividades de lectura.

luns, 27 de abril de 2015

MIDDLESEX, ADULTOS

Middlesex de Jeffrey Eugenides reuniranos o 4 de setembro.
Cal Stephanides decide contar a súa historia, revelar o seu segredo. Porque Cal, como Tiresias, viviu como muller e como home. Todo comeza en 1922, cando os avós de Cal foxen tras a guerra. Instálanse en América, na casa da súa prima Lina e o seu marido. As dúas parellas terán os seus fillos case ao mesmo tempo, e estes fillos, nun xogo de consanguinidades, casarán e serán os pais de Cal. Que cando nace é Calliope, e parece destinada a encarnar a lenda sobre esas nenas que cando chegaban a certa idade se transformaban en homes.
E así comeza a esperadísima segunda novela de Jeffrey Eugenides, un calidoscopio de historias que abrangue oito décadas na historia dunha familia.

xoves, 23 de abril de 2015

PREMIO DOS CLUBS DE LECTURA 2015

Agustín Fernández Paz acaba de ser galardoado, polas Bibliotecas Escolares de Galicia, co Premio dos Clubs de Lectura 2015 ao autor máis lido nos clubs dos centros de ensino.
Establécese así o premio que, cada ano, se outorgará ao autor ou á autora de obra en galego que resultase seleccionado polo maior número de clubs de lectura no curso precedente.
Na VIII Xornada dos Clubs de Lectura, Agustín Fernández Paz recibirá a homenaxe do profesorado asistente e, por el representados, de todos os lectores e lectoras  participantes nos clubs de lectura dos centros de ensino secundario de Galicia.

DÍA DO LIBRO


xoves, 16 de abril de 2015

IRMÁN DO VENTO, 2º A

Continuamos con:
“Son koblai, da tribo de Zalb. Son iraquí e musulmán. Son árabe. Son Khaled ben Sayiam, cidadán do mundo."
Irmán do vento, a novela de M. Lourenzo González, é a historia de Khaled, un rapaz dunha apartada aldea do Iraq que, coma outro rapaz calquera, ten unha familia, unha vida, proxectos... Ata que, de repente, todo cambia coa guerra.
A novela reflicte como a infancia vive un conflicto bélico e sofre as súas consecuencias máis duras, sen ser consciente das causas nin das circunstancias nas que se desenvolve.
Podemos escoitar tamén ao autor falando sobre Irmán do vento e Flor de area no IES Bouza Brey de Vilagarcía.

Descarga aquí o primeiro capítulo ou o proxecto de lectura.

mércores, 15 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO

Ademais do concurso do gran segredo, en breve estará a exposición científico-matemática realizada polo alumnado.

domingo, 12 de abril de 2015

CRIATURAS, NÚMERO CERO

A revista dixital Criaturas, especializada en literatura infantil e xuvenil, lanza o seu número cero.
Esta publicación en liña vén da man da escritora Ledicia Costas e do poeta e deseñador Daniel Landesa, pero ademais conta coa estreita colaboración dunha longa e rica listaxe de escritores e artistas: Fran Alonso, Agustín Fernández Paz, Xabier P. Docampo, Mercedes Queixas Zás, Laura Sáez, Gracia Sanctórum...
O eixe central da publicación en liña será a literatura galega, pero tamén se dará acollida a outras culturas, linguas ou xeitos de entender o relato en calquera das súas manifestacións.

PREPARANDO XA O DÍA DO LIBRO

luns, 6 de abril de 2015

O LIBRO AXEITADO SEMPRE NOS FARÁ COMPAÑÍA


Anuncio da axencia: ACW Grey Tel-Aviv, Israel, para Steimatzky Libros.
Directores creativos: Idan Regev, Tal Riven
Equipo creativo: Kobi Cohen, Daphne Orner