venres, 17 de decembro de 2021

MI VIDA EN EL PARAÍSO - 2ºBC+3º

Esta novela, de María Carmen de la Bandera, guiaranos nas próximas reunións.
Diko, un mozo camerunés, empeza unha nova vida en Madrid despois de deixar atrás o seu pasado como neno da guerra. A súa nube de felicidade pronto se desvanece ao ingresar no centro de acollida La Merced. A discriminación e a ameaza latente de expulsión do país enturbarán a  idílica vida que imaxinaba. Segunda parte de África no corazón.
Pode ilustrar a temática a curta seguinte.
Podemos comezar a lectura aquí ou traballar coa guía de lectura.

mércores, 15 de decembro de 2021

ASTÉRIX, 2ºBC+3º

O alumnado deste club elixiu varias tiras para reinterpretar e aquí unha pequena mostra.




xoves, 2 de decembro de 2021

E XOEL APRENDEU A VOAR, 1º ESO D

 

Continuamos con esta novela na que Marica Campo nos presenta a Xoel, un rapaz de 13 anos, que apenas ten vida fóra da PSP e da Rede. Xunto a el, Paco e Carme, uns pais demasiado atarefados. Eunice, a moza pola que suspira o noso protagonista. Fabio, Daniel e Sara, os seus compañeiros de andainas. Don Santiago, o avó que convive cos remorsos dunha gran mentira. Todos eles e algúns personaxes máis conseguen manternos en suspense desde o principio ata o final.

Podemos comezar coas primeiras páxinas ou vendo este Book tráiler da novela realizado por dúas alumnas do CPI Viaño Pequeno (Trazo)