venres, 29 de novembro de 2013

MEMORIAS DUN RAPOSO, 2º C

Memorias dun raposo, de Antonio Reigosa, foi a proposta para comezar a nosa viaxe cos libros.
"Afonso Alfonso é un raposo que vive entre a Pena da Roca e o Pombeiro, entre As Fiosas e o Padornelo. Hai quen lle chama Pedro, ou Perico, porque se parece moito a un seu avó. Outros, coma se fose o demo, chámano O das zapatillas, polo lixeiro e silandeiro que anda. A Golpilleira, a casa grande dos raposos, é case toda ela dos homes. Pero é moito máis aínda. Se estades espertos, se poñedes a orella, escoitaredes todo o que se move, todo o que vive, anda, corre, dorme, o que medra e o que morre."
A editorial Xerais tamén nos ofrece un Proxecto de animación á lectura.

O ÚLTIMO TRABALLO DO SEÑOR LUNA, 3º+4º


Con esta novela de aventuras de ritmo trepidante, César Mallorquí soubo encaixar perfectamente as pezas dun crebacabezas. Un rapaz superdotado intelectualmente, aínda que demasiado vulnerable no plano afectivo, vaise ver involucrado nun complicado plan de vinganza orquestrado por un poderoso narcotraficante boliviano de cocaína. Polas rúas de Madrid, entrecrúzanse as vidas dun asasino a soldo, dunha emigrante latinoamericana e dun adolescente.

A editorial tamén oferta, dentro do seu Plan Lector,  estratexias de animación á lectura e actividades para a clase.

xoves, 28 de novembro de 2013

NAVEGANDO ENTRE LIBROS

Xa estamos preparados para empezar!
O noso proxecto "Navegando entre libros" bota a andar. Trala campaña de divulgación, reunimos alumnado disposto a compartir as súas lecturas e as emocións que elas espertan.
Comezaremos a actividade con seis grupos (contando o de adultos) e 5 profesores que se encargarán de moderar o seu funcionamento e organizar as actividades de dinamización.
  • Xabier: grupo de 1º
  • Pablo: grupo A de 2º
  • Conchi: grupo B de 2º
  • Pilar: grupo C de 2º
  • Mª Esther: grupo de 3º + 4º
Xa estamos elixindo os libros e admitimos suxestións.

xoves, 7 de novembro de 2013

PRESENTACIÓN

O mércores 30 tivemos na biblioteca a presentación da actividade e aquí tedes a proba.
Só queda que vos anotedes para formar os grupos. E hai présa... para comezar canto antes.