venres, 21 de decembro de 2018

NADAL 2018

Profesores e alumnos do club de lectura aproveitamos a ilustración de Bill Sanderson para desexar a todos unhas boas festas.

venres, 30 de novembro de 2018

TIERRA DE CAMPOS, ADULTOS

David Trueba combina humor, sexo, amizade, música, familia, fama, amor, raíces, pobos.... de xeito magnífico nesta lectura.
Co obxectivo de enterrar ao seu pai no pobo onde naceu, Daniel emprende unha viaxe nun vehículo moi particular, un coche fúnebre, conducido por un chofer ecuatoriano, pintoresco e  charlatán, da mellor estirpe cómica.

martes, 20 de novembro de 2018

luns, 22 de outubro de 2018

O PRINCIPIÑO, 1º A

O Principiño do aviador francés Antoine de Saint-Exupéry, é un conto filosófico que, baixo a aparencia dun conto infantil, aborda temas tan profundos como a vida, a morte, o amor, a amizade...


Algunhas actividades sobre a obra aquí. E para motivar a lectura tamén.

FENRIS EL ELFO; 2º A+B

É o cuarto libro de Crónicas de la Torre de Laura Gallego; unha serie que relata a historia de Dana e a súa relación especial con  Kai, o seu amigo e protector.
Fenris é un elfo moi especial. Ten grandes poderes e, nas noites de lúa chea, unha forza inexplicable arrástrao ata convertelo nun ser asombroso. O amor por  Shi- Mae e o seu enfrontamento con personaxes poderosos no Reino dos Elfos van determinar o seu futuro. Aquí comeza a súa viaxe ata a Torre, situada no Val dos Lobos.

venres, 19 de outubro de 2018

22 SEGUNDOS, 3º ESO

Con Eva Mejuto e 22 segundos inauguramos o ano.
"Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá -ou non quererá comprender- nada. O distinto asusta, dá vertixe porque obriga a cuestionarse tantas cousas... E por iso fago este vídeo, porque non quero ter máis medo, nin vergoña de ser quen son."Antes de que lle dese tempo a pensar, conectou a cámara co ordenador. Vinte e dous segundos. Ese foi o tempo que tardou o arquivo en subir á rede. "22 segundos"
 Ficha do libro aquí.
Motivaremos o diálogo con esta curta sobre os estereotipos e sobre a aceptación dun mesmo.

mércores, 17 de outubro de 2018

O MEU PESADELO FAVORITO, 1º D

María Solar tráenos aquí a curiosa historia dun neno con febre e dunha repartidora de bicos, un bar onde todo o mundo di mentiras, un alien que se move polos sumidoiros, un dinorrinco… Un pesadelo? Quizais un fermoso soño feliz.

luns, 15 de outubro de 2018

15 OUTUBRO, DÍA DAS ESCRITORAS

COS PÉS NO AIRE, 1º B

Agustín Fernández Paz coa breve novela Cos pés no aire guiará a primeira reunión deste grupo.
O protagonista desta narración é Daniel, un adulto solitario que non soporta a súa vida monótona e gris, e que malgasta o tempo tratando de non destacar entre o resto da xente. Un día, Daniel descobre que posúe unha calidade excepcional: pode voar, elevarse polo aire cando queira. Por unha banda, séntese exaltado e feliz e, por outra, teme que a súa singularidade o converta nun marxinado. Terá que idear múltiples estrataxemas para non ser descuberto, ata que a casualidade o pon en contacto con outras persoas como el.
Cos pés no aire é unha historia sobre as dificultades que poden ter as persoas que por algunha razón son diferentes, e sobre a necesidade de asumir esas diferenzas desde a propia valoración e a autoestima.
Guía de lectura

martes, 25 de setembro de 2018

venres, 7 de setembro de 2018

RELATOS DE BENEDETTI E RAPSODIA GOURMET, ADULTOS

Para a próxima reunión dous foron os elixidos:
Mario Benedetti é un dos grandes contistas hispanoamericanos e por iso eliximos esta exquisita selección: Esa boca, Se acabó la rabia, Los pocillos, Réquiem con tostadas, A imagen y semejanza... son algúns dos relatos que este libro recolle.

Muriel Barbery lévanos ao corazón de París. Alí, un famoso crítico de gastronomía está a piques de morrer e nas súas últimas horas de vida, o seu obxectivo vai ser a busca desesperada dun sabor único, o sabor que un día o fixo feliz.

mércores, 20 de xuño de 2018

sábado, 5 de maio de 2018

LECTURA DIXITAL

Experimentamos cunha plataforma de préstamo on line para as bibliotecas escolares.
Como proxecto piloto que é, está en fase de proba e nós temos, dende os clubs de lectura de 3º e 4º, o privilexio de facelo.

xoves, 3 de maio de 2018

EL TANGO DE LA GUARDIA VIEJA, ADULTOS

Con Arturo Pérez Reverte asistimos á trepidante aventura que Max Costa e Mecha Inzunza protagonizan en tres escenarios distintos do convulso século XX: Bos Aires, Niza e Sorrento.
Aquí as primeiras páxinas.

domingo, 29 de abril de 2018

El libro de los rostros/ Europa express 3ºA+B




Resultado de imagen de el libro de los rostrosEl Libro de los Rostros es otra de esas novelas escritas a cuatro manos por Ana Alonso y Javier Pelegrín como El sueño de Berlín,  ya comentada aquí. En esta ocasión, los autores nos ofrecen en estas páginas  una visión novedosa pero realista de las llamadas redes sociales. Eva, alumna de 2º de Bachillerato con pocas amistades, decide crear un perfil en Facebook con un nombre inventado que para su sorpresa resulta tener una intensa historia detrás. La novela, intensa y entretenida, suscita además una serie de preguntas importantes acerca de la intimidad, la exposición pública, la privacidad y el propio concepto de amistad. ¿Es posible tener cientos de amigos? ¿Son de verdad? ¿Tenía razón Robin Dunbar en sus cálculos?




Resultado de imagen de europa express libro
Europa Express, da escritora coruñesa Andrea Maceiras, é unha novela que plantexa unha viaxe de interrail que sete mozos fan ao remataren o segundo curso de bacharelato. A traxedia sufrida por un deles, Xacobe,  e as dúbidas sobre a súa morte latexan no máis íntimo das personaxes dez anos despois, especialmente nos casos da parella formada por  Nico e Aroa. Novela de perfil psicolóxico, cunha estrutura orixinal artellada con dificultade, que amosa certos coñecementos sobre o vello continente, non exenta de tópicos e cun final sorpresivo aínda que algo confuso.





xoves, 26 de abril de 2018

TRACA FINAL

 

Como cada ano estamos preparando a despedida e parte dela é a excursión final. Este curso decidimos achegarnos a Santiago; será o 2 de maio e proxectamos: 
  • Unha xornada de convivencia co alumnado do club de lectura do IES Ferro Couselo de Ourense.
  • Unha visita ao MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia).
  • Unha visita ás cubertas da catedral que dependerá dunhas obras programadas para esa data. Outras opcións posibles serán a Cidade da Cultura ou a Facultade de Historia e o Colexio Fonseca.
  • Un roteiro pola zona monumental da cidade.
A hora de saída do centro será ás 8:50 horas e a hora de chegada á Cañiza arredor das 19:30 horas, polo que non terán o transporte habitual. deberán levar comida e bebida para o xantar.
De haber máis solicitantes que prazas, a selección farase por sorteo o día 27 de abril no segundo recreo.

SEGREDOS NO SOLPOR - 3º A+B

Iria Misa ambienta esta engaiolante novela de intriga en Bico. A trama comeza coa aparición dunha amiga de Mara tirada na estrada, en fronte do Hotel O Solpor.
Algún coche que saíu da rotonda a máis velocidade da debida levouna por diante, e o condutor, ao parecer, deuse á fuga.
Outro máis dos enigmas incrustados nas paredes do antigo edificio, baixo as vellas fotografías de Bico que decoran os cuartos e os corredores. A chegada de Antón e os seus pais, xunto coa aparición dunha nota entre os libros do tío Paco, axudaranlle a comprender os segredos que garda o hotel e a desvelar as razóns de tan estraño atropelo.

luns, 23 de abril de 2018

23 ABRIL, DÍA DO LIBRO

Alumnos do club colaboraron no deseño da exposición Quen con quen? que busca dar un paseo polas obras da literatura universal que todo o mundo recoñece como imprescindibles.
Seleccionaron 30 autores e engadiron pistas sobre eles, a súa caricatura e fragmentos dalgunha das súas obras, probablemente das máis representativas.
Con eses datos só hai que intentar recoñecer quen é quen, e ubicar sobre eles os rótulos móbiles.
Tamén deseñaron un cuestionario para percorrer a exposición.

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO


martes, 17 de abril de 2018

EL MÉTODO 15/33 - 4º A

Despediremos o club coa lectura desta novidade editorial, premio  National  Indie  Excellence para a mellor novela de suspense de 2015.
el metodo 15/33-shannon kirk-9788466658782
Lisa ten 16 anos, antecedentes académicos intachables, habilidades para a ciencia e unha intelixencia que supera á media. Con todo, hai outra característica da súa personalidade que a converte nunha moza diferente ás demais: padece un  transtorno que lle impide  empatizar coa súa contorna. Por iso, cando é secuestrada con sete meses de embarazo, Lisa non sente medo ou desesperación, senón que se enfoca na construción dun plan perfecto que lle permita destruír ao seu  carceleiro.
Tamén podemos comezar a ler aquí.

USHA, 1º C

 
Os artistas de 1º C, tras Temblor, déixanse levar por María Reimóndez con Usha. Con que nos sorprenderán nesta ocasión? As ilustracións de Iván Sende servirán de motivación?
"Uxía, Usha para os seus amigos, escribe o relato da súa estancia en Devastana, na India. A rapaza galega, que acompañaba a súa nai, membro dunha ONG, rememora a vida cotián da súa escola india. Alí amigou con Lakshmi e Deepak, coñeceu novos costumes, enfrontouse a imprevistos..."
Contamos tamén co Proxecto Lector.

martes, 3 de abril de 2018

TONECHO DE REBORDECHAO, 1º A+B

Breogán Riveiro presentanos a Tonecho.
Rebordechao é unha aldea que queda alá por… chegando á… O certo é que non é doado atopar Rebordechao, nen sequera aínda que a busques. Neste lugar perdido vive Tonecho, o neno máis bo e máis guapo, o mellor de todos, porque en Rebordechao… non quedan máis nenos ca el.

venres, 23 de marzo de 2018

DÍA DO TEATRO



O día 27 de marzo celébrase, dende o 1961, o Día Mundial do Teatro, por iniciativa do Instituto Internacional do Teatro.
En Biblogcañiza destacamos algúns recursos e páxinas de interese para conmemorar o día.

venres, 16 de marzo de 2018

DÍA DA POESÍA

POESÍA, PARA QUE...?
                     Poesía para descubrir.
                      Poesía para cantar.
                       Poesía para contar.
                        Poesía para gozar cos seus ritmos.
                         Poesía para escoitar.
                          Poesía para recitar.
                           Poesía para dramatizar.
                            Poesía para transformar.
                             Poesía para coñecer e recoñecer.
                              Poesía para imaxinar.
                               Poesía para soñar.
                                Poesía para enredar nas palabras.
                                 Poesía para rir e sorrir.
                                  Poesía para xogar.
                                   Poesía para representar.
                                    Poesía para debuxar.
                                     Poesía para compoñer.
                                      Poesía para ler en silencio e gozar
                                       talvez...

luns, 5 de marzo de 2018

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Pequena homenaxe de Quelibroleo ás mulleres escritoras no Día Internacional da Muller (8 de marzo)
Para conmemorar a data, temos variados recursos no blog da biblio.

sábado, 3 de marzo de 2018

SEMANA DA PRENSA

Na Biblioteca de Secundaria, poderedes ver e ler distintos tipos de publicacións: 
LUNS 5: PRENSA DEPORTIVA 
MARTES 6: PRENSA XERAL 
MÉRCORES 7: DIVULGACIÓN 
XOVES 8: OCIO E TEMPO LIBRE 
TODOS OS DÍAS: PRENSA DIXITAL E EXPOSICIÓN PRENSA INTERNACIONAL
E moitos recursos máis.

xoves, 1 de marzo de 2018

SEIS HORAS Y UNAS GOTAS DE SANGRE - 3º C

Os alumnos deste club comezan a ler Seis horas y unas gotas de sangre, de Blanca Álvarez.
Unha excursión á neve cun grupo de alumnos conflitivos pretende mellorar a convivencia entre eles e reconducir as súas vidas. Pero este "experimento" estrágase cando un alude os deixa sepultados nunha cabana e deben convivir en situacións extremas.
Cando son finalmente rescatados, todos maduraron e aprenderon moitas cousas e profesores e alumnos enténdense mellor.
Podedes ler as primeiras páxinas da novela e traballar coa guía de lectura se entrades aquí.

mércores, 28 de febreiro de 2018

WONDER, LA LECCIÓN DE AUGUST - 2º

A lectura de Wonder xa produciu algún resultado interesante ao intentar ilustrar cada capítulo da novela.
Haberá máis, seguro.
Navia Rodríguez - 2º C
Nerea Estévez - 2º C


Érika Méndez - 2º A

Irene Blanco - 2º C

martes, 20 de febreiro de 2018

O ACHADO DO CASTRO, 1º A+B

Núñez Singala lévanos á Roma antiga, mais faino xogando coa lingua obrigando a que os personaxes falen coma nós, con termos de hoxe en día, o que nos leva a situacións moi cómicas desde un “Latín” un chisco especial. Como boa historia romana, hai un emperador, que é de todo agás espelido, soldados, filósofos barbudos e sabios, e… unha historia de amor. Humor, situacións inauditas e, sobre todo, unha lectura engaiolante.

DÍA DE ROSALÍA

Tamén con Rosalía.