E o Centro cultural Marcos Valcarcel, aínda que con erros, publica as nosas fotos no seu facebook.
luns, 18 de maio de 2015
xoves, 14 de maio de 2015
2º INTENTO
Este luns día 18 pretendemos, se o tempo nos deixa, facer a visita aprazada a Ourense.
Aproveitando a recentemente inaugurada exposición do Centro Cultural Marcos Valcárcel, faremos:
- Unha visita á exposición “Darwin y el evolucionismo”.
- Un roteiro literario pola cidade.
- Un percorrido, con baño incluído se o desexan, polas termas públicas de Outariz ou a Chabasqueira.
A actividade correrá a cargo do Club de lectura e da Biblioteca, agás o desprazamento en autobús urbano ata as termas (0,85 €) que correrá a cargo do alumnado que, ademais, deberá levar comida e bebida para o xantar.
A hora de saída do centro será ás 8:50 horas e a hora de chegada á Cañiza arredor das 17:30 horas, polo que poderán regresar a casa no transporte habitual.
martes, 5 de maio de 2015
domingo, 3 de maio de 2015
IMOS DE PASEO
O luns día 4 marchamos de visita a Ourense onde realizaremos:
- Un rápido percorrido pola zona centro: “Lendo esculturas”.
- Un roteiro literario cunha guía especializada.
- Un visita, con baño incluído para os que o desexen, ás termas públicas de Outariz.
A actividade correrá a cargo do Club de lectura e da biblioteca, polo que será gratuíta para o alumnado, que só deberá levar comida e bebida para o xantar.
A hora de saída do centro será ás 8:50 horas e a hora de chegada á Cañiza arredor das 17:30 horas, polo que poderán regresar a casa no transporte habitual.
sábado, 2 de maio de 2015
VEINTE MIL LEGUAS... 3º + 4º
Para baixar aos abismos do mar, Jules Verne imaxinou un personaxe épico, o atormentado capitán Nemo, un sabio desenganado da raza humana, que se move por unha desas obsesivas reivindicacións tan típicas da novela de aventuras: a xustiza implacable, non exenta de vinganza, e a humillación do adversario.
A novela conta tamén con actividades de lectura.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)