xoves, 31 de marzo de 2022

O CORAZÓN DE XÚPITER, 4º ESO B

 Ledicia Costas acompáñanos na última lectura.

Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas. As longas conversas até ben entrada a madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia que traspasaba as fronteiras do ciberespazo. Isla sentiu a necesidade de sabelo todo sobre Xúpiter: onde vivía, a que instituto ía, o seu nome real... Quedaron para se coñecer nunha noite de San Xoán de cacharelas e mar embravecido. Foi entón, despois de despedirse da súa amiga Mar, cando Isla se precipitou na escuridade. A súa vida estaba a piques de cambiar para sempre.

xoves, 24 de marzo de 2022

DIARIO DE GREG 10, 2º ESO A

 A pola décima entrega do Diario de Greg, do autor Jeff Kinney

A vida era mellor nos vellos tempos. Ou non?
Iso pregúntase Greg Heffley cando a súa cidade se suma voluntariamente a unha campaña para apagar todos os aparellos electrónicos. Pero a vida moderna ten as súas comodidades... e Greg non está feito para vivir noutra época.
A tensión sobe dentro e fóra do fogar dos Heffley... Poderá soportalo Greg? Ou o estilo da vella escola é demasiado para un pringao como el?

Algún, coñecedor da saga, seguro que xa viu a película. Mirade o trailer.

martes, 8 de marzo de 2022

POR TI DARÉ MI VIDA, 1º B

Elia Barceló acompañaranos con este club.
Lessa e Ted están felices e namorados. A súa relación vai vento en  popa, e pronto poderán abandonar o  orfanato no que se criaron para dedicarse á música e empezar a construír unha vida xuntos.
Con todo, todo cambia cando Ted sofre un fatal accidente que o deixa en coma. Ante esta situación, o mundo de  Lessa, centrado en Ted —a súa única familia, o seu único amigo, o seu único todo—, vénse abaixo.
Cando todo apunta a que Ted non vai sobrevivir, alguén ofrece a  Lessa a solución idónea ao problema. Claro que ese alguén non está disposto a axudala sen esixir algo a cambio...