mércores, 26 de abril de 2023

PREMIO CLUBS LECTURA 2023

Co gallo da celebración do Día do Libro, a Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional  e Universidades, fai pública a Resolución de 21 de abril de 2023 pola que se recoñece a Manuel Núñez Singala co Premio dos Clubs de Lectura 2023.

sábado, 22 de abril de 2023

EXPOSICIÓN DÍA DO LIBRO

Xa está agardando a ser visitada!!

No blog da biblio temos un aperitivo virtual e tamén outras producións baixo a etiqueta Día Libro.

CONCURSO PORTAS

Na decoración das portas polo día do libro, xa hai gañadores, a clase de 4º B


EL SÓTANO, 2º C

Se entras, atraparate... así nos anima Natasha Preston con El sótano.
Catro mozas encerradas por un secuestrador. Elas son as súas flores, as súas perfectas e puras flores. Pero canto tempo poderán sobrevivir dentro do soto?

Aquí o primeiro capítulo

venres, 21 de abril de 2023

xoves, 20 de abril de 2023

CAMPOS DE FRESAS, 2º ESO A

 

Jordi Sierra i Fabra preséntanos a Luciana, unha moza que tomou unha decisión equivocada e está a pagar as consecuencias dos seus actos. Os seus amigos tentarán axudala para que poida corrixir ese terrible erro. Poderá dispoñer dunha segunda oportunidade e tomar as rendas da súa vida? Unha estremecedora historia sobre os perigos que axexan aos mozos de hoxe.
Podemos comezar co primeiro capítulo e temos unha guía de lectura.

mércores, 19 de abril de 2023

A EXPEDICIÓN DO PACÍFICO, 1º ESO C

 

Marilar Aleixandre tráenos unha novela de aventuras que conta as peripecias dunha nena de doce anos, Emilia, que se agacha como polisón nunha expedición científica que parte para explorar o Pacífico. A acción que se desenvolve no século XIX, non renuncia a estar escrita desde este fin de século. As ideas feministas, a polémica entre o darwinismo e o creacionismo a paixón polo coñecemento están nas páxinas desta excepcional novela.

martes, 18 de abril de 2023

O CÍRCULO ESCARLATA, 3º ESO B

E seguimos coa continuación que César Mallorquí vén de publicar a As lágrimas de Shiva.
"Nunha ocasión, hai xa ben de tempo, vin unha pantasma. E logo, catro anos despois, vin outra. A primeira pantasma era amable, mesmo arrecendía que daba gusto. A nardos. Era o espírito de Beatriz Obregón; grazas a ela atopei as Lágrimas de Shiva, un fabuloso colar que estivo perdido durante setenta anos.
A segunda pantasma foi moito menos amable. Metía medo e, desde logo, non arrecendía precisamente a nardos. Tiven un desagradable encontro con ela na Mansión Kraken, pouco despois de escoitar falar por primeira vez do Círculo Escarlata, unha escura e sinistra seita tan antiga coma o tempo. Iso ocorreu no verán de 1973, catro anos despois da miña estancia en Vila Candeloria, o fogar dos meus tíos e das miñas curmás, os Obregón."
 

Plan lector 

sábado, 15 de abril de 2023

EL SUEÑO DE BERLÍN, 2º ESO B

Ana Alonso e Javier Pelegrín son os creadores desta novela.
Ana é unha adolescente con TOC (trastorno obsesivo compulsivo). Cando Bruno, o seu compañeiro de clase, se decata do problema, tenta axudala. Con moito ímpeto, pero tamén con descoñecemento, animaraa a que se apunte á viaxe de fin de curso e poida cumprir un dos seus soños: visitar, en Berlín, a cabeza de Nefertiti. 
Doutra banda, a vida familiar de Ana non está exenta de tensións. O seu pai anímaa para que sexa como as mozas da súa idade, mentres que a súa nai quere que se medique e sobreprotéxea.

Que importante é a motivación, non si?
  
Conta tamén cun proxecto de lectura.
Se queredes empezar a ler, podedes facelo aquí.