xoves, 1 de outubro de 2026

DIARIO DE GREG, 1AC

Xa temos unha nova aventura entre mans! Escollemos Diario de Greg 1: Un pringao total, de Jeff Kinney, un libro que nos achega ao mundo de Greg Heffley, un rapaz que intenta sobrevivir ao día a día no instituto, ás amizades, á familia e a todas esas situacións tan divertidas como complicadas que forman parte de medrar.

A través das súas anotacións e ilustracións, descubriremos unha historia chea de humor, ocorrencias e momentos cos que seguro que máis dunha persoa se sentirá identificada.

INVISIBLE, 2C

Abrimos unha nova etapa de lectura compartida con Eloy Moreno e Invisible, que narra, a través dos ollos dun neno, unha historia que podería ser a de calquera de nós.
O libro, ademais, é como un crebacabezas no que o lector non sabe que está a ocorrer ata que aos poucos todo vai tomando forma. Porque... quen non desexou algunha vez ser invisible e quen non desexou algunha vez deixar de selo?
En definitiva, un libro que trata o tema do  bullying desde unha perspectiva distinta: desde a da xente que mira e non actúa.
O autor ofrece incluso unha guía didáctica para traballar a lectura.

RECINTO GRIS, 4AB

Comezamos con Ledicia Costas en Recinto Gris.

Tras un día de galerna, Cidade Vii foi invadida por un exercito adestrado para conseguir unha cidade perfecta. Aqueles soldados altísimos de uniforme negro e cabeza de lobo peiteaban o territorio, rexistraban cada casa, non deixaban nada ao chou. Tiñan instrucións moi claras que cumprir: colleren aqueles que perturbaban o equilibrio social, ás persoas consideradas diferentes, metelas nos camións e trasladalas a Recinto Gris, un lugar habilitado para aloxar os que non encaixaban no seu deseño. Aqueles soldados lobos presentáronse na casa de Nube, unha rapaza incapaz de mentir, coa intención de levala.

Material complementario.