Amosando publicacións coa etiqueta Excursión. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Excursión. Amosar todas as publicacións

xoves, 15 de maio de 2025

DE EXCURSIÓN, 2025

Coma sempre, pechamos o curso coa xornada de convivencia nun parque multiaventura e na praia.
Polo menos non choveu!!!

sábado, 10 de maio de 2025

PREPARANDO A EXCURSIÓN

Como queremos ir de excursión e facelo por poucos cartos, sacamos á venda cousiñas que nos fixeron os de Polos Creativos.

Grazas a todos por colaborar. Quen quere?




martes, 30 de maio de 2023

NA GUARDA, FIN DE FESTA

Aquí nos podedes ver... e aínda que a meteoroloxía nos asustaba, ao final respectou a viaxe.
Visita ao castro, paseo pola vila, ruta das cetarias, praia e visita sorpresa ao oulet de Tui para resgardarnos da auga final.
Pinchade na foto para entrar na galería.
 

xoves, 25 de maio de 2023

EXCURSIÓN

E mañá, 26 de maio, temos prevista a excursión que pecha a actividade deste curso. Cara Á Guarda viaxarán 99 alumnos e 5 profesores para realizar:
  • Unha visita ao castro de Santa Trega dende onde poderán apreciar a desembocadura do río Miño.
  • Unha ruta polo casco antigo.
  • Unha andaina pola ruta das cetarias (5 km) ata  a praia “Area Grande”.
  • Unha xornada de praia.

Contarémosvos que tal resultou este fin de festa co que pechamos as actividades do club e premiamos aos que, semana a semana, se reuniron para festexar a lectura.

sábado, 21 de maio de 2022

FIN DE FESTA NAS CÍES

Como cada ano, pechamos actividade cunha saída coa que estreitar lazos e premiar aos que, semana tras semana, prescindiron de tempo persoal para ler, debatir, crear... e reunirse en torno aos libros.
Este ano eliximos as Cíes como destino e, aínda que comezamos o día con chuvia, o tempo púxose do noso lado.
Había tempo que non conseguiamos unha resposta tan numerosa, e valoramos como un éxito que 76 alumnos continúen en maio en 7 grupos de lectura. Agardamos continuar o ano que vén.
Coma sempre teredes noticias nosas!
Pica na foto para entrar na galería.

xoves, 10 de xuño de 2021

DESPEDIDA E EXCURSIÓN

Como cada ano, rematamos a nosa experiencia lectora cunha xornada de convivencia entre os clubs chea de actividades.
A petición do alumnado, marchamos a un paintball en Vigo onde descargar adrenalina evitando contactos. Temos que recoñecer que, a pesar das nosas dúbidas, foi un éxito.

Para ver máis fotos clicade na imaxe

mércores, 29 de maio de 2019

FESTA FINAL

Este luns pechamos a actividade cunha festa final no campamento xuvenil de Leiro.
As actividades foron variadas: kayaks, hinchables acuáticos, tiro con arco, pista americana, gymkanas... e convidaban a disfrutar.
Para repetir!!!!

 
 




xoves, 26 de abril de 2018

TRACA FINAL

 

Como cada ano estamos preparando a despedida e parte dela é a excursión final. Este curso decidimos achegarnos a Santiago; será o 2 de maio e proxectamos: 
  • Unha xornada de convivencia co alumnado do club de lectura do IES Ferro Couselo de Ourense.
  • Unha visita ao MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia).
  • Unha visita ás cubertas da catedral que dependerá dunhas obras programadas para esa data. Outras opcións posibles serán a Cidade da Cultura ou a Facultade de Historia e o Colexio Fonseca.
  • Un roteiro pola zona monumental da cidade.
A hora de saída do centro será ás 8:50 horas e a hora de chegada á Cañiza arredor das 19:30 horas, polo que non terán o transporte habitual. deberán levar comida e bebida para o xantar.
De haber máis solicitantes que prazas, a selección farase por sorteo o día 27 de abril no segundo recreo.

venres, 26 de maio de 2017

luns, 30 de maio de 2016

ASÍ O PASAMOS

Aínda que tivemos que improvisar sobre a marcha, pois os xardíns modificaron os nosos plans, creo que non o pasamos mal co cambio. A visita á cidade de Ourense non desmereceu e as compras tampouco.
CLUB DE LECTURA EN ALLARIZ - 2016 on PhotoPeach  
Tivemos, ademais, a ocasión de atoparnos coa nosa profesora de Primaria, María. Foi unha agradable sorpresa para todas.

martes, 17 de maio de 2016

ALLARIZ

Visita programada:
  • Roteiro guiado polo casco histórico.
  • Museo da moda.
  • Festival dos xardíns que este ano centra a temática no futuro.
Haberá que levar o xantar.
Dado que o número de alumnos este ano é moi elevado, a selección farase por estrito orde de entrega da autorización ata completar as 50 prazas contempladas.

mércores, 11 de maio de 2016

COMO DESPEDIDA... IMOS DE PASEO

Este curso decidimos despedir a actividade do club de lectura cunha visita á vila de Allariz. E non parece fácil organizar para que todos os que queiran poidan ir.
Temos 50 prazas e 87 demandantes!!! Algún terá que quedar e sentímolo ben.

luns, 18 de maio de 2015

POR FIN PUIDO SER

E o Centro cultural Marcos Valcarcel, aínda que con erros, publica as nosas fotos no seu facebook.





xoves, 14 de maio de 2015

2º INTENTO

Este luns día 18 pretendemos, se o tempo nos deixa, facer a visita aprazada a Ourense.
Aproveitando a recentemente inaugurada exposición do Centro Cultural Marcos Valcárcel, faremos:
  • Unha visita á exposición “Darwin y el evolucionismo”.
  • Un roteiro literario pola cidade.
  • Un percorrido, con baño incluído se o desexan, polas termas públicas de Outariz ou a Chabasqueira.


A actividade correrá a cargo do Club de lectura e da Biblioteca, agás o desprazamento en autobús urbano ata as termas (0,85 €) que correrá a cargo do alumnado que, ademais, deberá levar comida e bebida para o xantar.
A hora de saída do centro será ás 8:50 horas e a hora de chegada á Cañiza arredor das 17:30 horas, polo que poderán regresar a casa no transporte habitual.

domingo, 3 de maio de 2015

IMOS DE PASEO

O luns día 4 marchamos de visita a Ourense onde  realizaremos:
  • Un rápido percorrido pola zona centro: “Lendo esculturas”.
  • Un roteiro literario cunha guía especializada.
  • Un visita, con baño incluído para os que o desexen, ás termas públicas de Outariz.
A actividade correrá a cargo do Club de lectura e da biblioteca, polo que será gratuíta para o alumnado, que só deberá levar comida e bebida para o xantar.
A hora de saída do centro será ás 8:50 horas e a hora de chegada á Cañiza arredor das 17:30 horas, polo que poderán regresar a casa no transporte habitual.

luns, 9 de xuño de 2014

VIAXE Á RIBEIRA SACRA

Coma sempre, pechamos as actividades dos clubs de lectura cunha viaxe.
Este ano o noso destino foi a Ribeira Sacra, onde coñecemos o mosteiro de San Estevo de Ribas do Sil e fixemos unha ruta polo Cañón do Sil no Catamarán.