mércores, 26 de xaneiro de 2022

PEQUEÑAS COSAS, 1º ESO B

Hai moitos xeitos de ler e este é un deles: elaborar un mural sobre o libro que vén de rematar, Pequeñas cosas. Poñen voz, así, a unha máxica novela gráfica sen texto.
Quedou ben xeitoso.

MORGÚN, 4º ESO A

"O que morreu con traizón volverá polo mar, entrará no castro tres veces e entón recuperará o reino usurpado polo seu fillo. E o rei será raíña e a espada será o seu signo".
Esta é a profecía do vello druída da fortaleza de Baroña. E habíase cumprir. Morgún será o brillante guerreiro que libere da indignidade a aquela comunidade que asistirá ao nacemento do seu señor Breogán.

Esta novela épica de Suso de Toro ten por narrador a Dous Corvos, un guerreiro que narra o acontecido a Morgún, a quen el chama Lobo Máxico, un heroe celta que foi atopado cando meniño cun ollo de cada cor e cunha manda de lobos protexéndoo. "Morgún" é un relato épico celta enchido de maxia, profecías, vinganzas e destinos de heroes e semideuses.

Temos incluso o proxecto de lectura.

TES ATA AS 10, 4º B

Francisco Castro, con Tes ata as dez guiará as conversas deste grupo.
tes ata as 10-francisco castro-9788498655629
Antonio non daba creto ao correo que viña de entrarlle no seu ordenador. Era de seu pai. O problema é que o seu pai leva morto un día. Así arranca esta trepidante historia de intriga e suspense na que Francisco Castro constrúe unha trama que contén, á súa vez, moitas historias distintas. A través de correos electrónicos, cartas e outra clase de pistas misteriosas e sorprendentes, o seu pai, morto, ou quen está a facerse pasar por el, vai obrigando a que o protagonista investigue un terrible asunto do pasado que quedou sen resolver. Libros misteriosos, vinganzas dende o Máis Alá, historias de amor que hai que manter ocultas..., todo un mollo de asuntos nunha novela que nos vai levar de viaxe pola historia recente de España e Galicia, mais tamén por dentro do corazón dos namorados que o están de verdade.

luns, 17 de xaneiro de 2022

NO DIGAS QUE ESTÁS SOLO, 2ºBC+3º

O misterio e suspense de No digas que estás solo de César Fernández García enganchará ao alumnado do club de 1º
Begoña e Alberto traballan como bolseiros para televisión; un traballo rutineiro e aburrido; ata que un día encárganlles unha reportaxe sobre os pobos abandonados do Pirineo aragonés. Alí trasládanse, a Cotela, un bo lugar para filmar con tranquilidade o abandono en que quedaron os muros caídos pola podremia e o esquecemento... Pero inesperadamente, un tras outro, vanse sucedendo feitos inexplicables, arrepiantes. Unha estraña presenza axéxalles. Unha alma asasina parece latexar na aldea...

mércores, 12 de xaneiro de 2022

O NENO INVERNO, 1º ESO C

María Canosa será quen non acompañe nesta lectura.

O neno inverno é a historia dun neno albino que está acostumado a ser diferente e de que isto provoque a mofa por parte dalgún compañeiro. Alberte, que así se chama o protagonista, é consciente das súas limitacións físicas e do especial coidado que debe pór en cada acción pois é extremadamente sensible a determinados axentes climatolóxicos, sobre todo a calor, por iso adora o inverno. Sabedor de todo isto atopa refuxio na biblioteca onde goza da tranquilidade, do silencio e da maxia da palabra escrita, ademais de saciar a súa curiosidade á vez que a ansia por aprender.
Aquí, no seu acubillo é feliz ata que un día aparece Álex, unha compañeira de clase, que lle gusta porque é intelixente, alegre e ten personalidade. Con ela descubrirá o verdadeiro significado da palabra amizade, ademais dun máxico poder oculto.