venres, 25 de setembro de 2026

NACE O CLUB DE ADULTOS

Este curso queremos poñer en marcha unha nova actividade dentro do proxecto Muchachada Lectora: un Club de Lectura de Adultos, un espazo para compartir lecturas, conversar e, sobre todo, gozar dos libros en boa compañía.
A proposta é sinxela: reunirnos unha vez ao mes para compartir e comentar un libro. Non é necesario ser un gran lector ou lectora, nin ter experiencia previa nun club de lectura. Só precisamos ganas de ler, conversar e desfrutar.
Animádevos a probar e a formar parte deste espazo de lectura e encontro!