Amosando publicacións coa etiqueta . Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta . Amosar todas as publicacións

venres, 10 de abril de 2026

EL ORDENADOR ASESINO, 2BC

Este grupo copia a primeira lectura de 1º C: El ordenador asesino, do autor francés Christian Grenier.
¿Pode asasinar un ordenador? Trala lectura desta novela que conxuga ciencia-ficción, relato policíaco e suspense, poderemos resolver a cuestión.

mércores, 21 de xaneiro de 2026

SEMPRE HAUSA, 2A


Da man de Xoán Babarro, lemos Sempre Hausa, a historia dun mozo africano do pobo hausa que debe emigrar e enfrontarse a novos desafíos mentres mantén a súa identidade. Unha historia que nos fala dos soños, dos medos, da ansia de superación e do amor ás raíces.

Abduhali é un rapaz nacido en África. Pertence ao pobo dos hausa e el e os seus teñen unha vida dura. Por iso, ten que deixar a familia e buscar novas terras. Non é doado sobrevivir. Dos soños, dos medos, da ansia de superación e do amor ás raíces fala esta historia, na que poderás presenciar tamén un rally Paris-Dakar.

Con estas curtas iniciamos o debate.


luns, 12 de xaneiro de 2026

TEMBLOR, 3C

Na seguinte lectura, Temblor de Maggie Stiefvater, os membros do Club de lectura de 3º C tremerán. Será de medo ou de amor?
Grace, unha moza moi práctica e independente, coñece a un mozo, Sam, que esperta nela familiaridade, pero tamén inquietude.
Poderán superar os obstáculos que existen nas súas vidas?
 

Aquí o primeiro capítulo.

venres, 3 de outubro de 2025

EL SÓTANO, 2BC

Eliximos para as nosas reunións a Natasha Preston e El sótano. Se entras, atraparate... así nos anima a propia autora.
Catro mozas encerradas por un secuestrador. Elas son as súas flores, as súas perfectas e puras flores. Pero canto tempo poderán sobrevivir dentro do soto?

Aquí o primeiro capítulo

mércores, 1 de outubro de 2025

OLFATO DE DETECTIVE, 2A

 
Christine Nöstlinger consegue crear, con Olfato de detective, novela de misterio verosímil e adaptada ao seu público.
Aínda que o pareza, Yago non é irmán de Pups, Tete e Wuzi Zwoch, só é o neno da veciña. Pero a verdade é que pasa con elas máis tempo que na súa casa e, cando os Zwoch herdan o chalé dunha tía afastada, ten sentimentos atopados. Si, alégrase por elas… pero, por moi preto que estea a casa nova, xa non será o mesmo.
Con todo, non todo é como as irmás Zwoch soñan. A súa tía tiña moito diñeiro, iso sabíao todo o mundo, pero non aparece por ningunha parte. A casa está en moi malas condicións e os seus pais non poden permitirse restaurala. Por iso Yago, Pups, Tete e Wuzi póñense a buscar entre as cousas da anciá. O diñeiro ten que estar en algures!

luns, 14 de abril de 2025

sábado, 15 de marzo de 2025

INVISIBLE, 2C

Nós tamén nos unimos ao club de Invisible.


Nesta campaña de Vanish para Brasil,  o protagonista é un neno que sofre acoso escolar e que, confrontado a diario con burlas e violencia, prefire replegarse sobre si mesmo e utilizar o silencio a modo de coraza.

xoves, 9 de xaneiro de 2025

DÚAS MOEDAS, 2A

 Nuria Tamarit acompáñanos con este cómic.

Mar, unha adolescente europea, viaxa ao Senegal na compaña da súa nai, quen traballa no proxecto de construción dunha biblioteca e unha emisora de radio nunha vila de agricultores e pescadores ao norte do país. Afeita ás comodidades e dinámicas do denominado primeiro mundo, a medida que se vai aclimatando aos ritmos e costumes do lugar, irá tomando conciencia de que a metade da súa equipaxe eran tópicos, prexuizos e descoñecemento. Sobre o terreo, Mar descubrirá unha cultura sensual e hospitalaria, unha paisaxe de beleza insólita e unha sociedade con problemáticas moi específicas e sometida a graves desaxustes políticos, pero tamén allea a moitas das nosas servidumes cotiás.

martes, 3 de decembro de 2024

REDES, 2B

Continuamos con Redes, a segunda parte de Invisible, de Eloy Moreno.
Narra, a través dos ollos dunha adolescente, unha historia que se converteu na realidade de todos nós.
Ela pasa horas vendo as viaxes marabillosas, os corpos perfectos e todos os outfits que se proban cada día os influencers. E séntese mal porque ela non pode levar a vida que ve nas redes, sabe que nunca poderá alcanzar unha felicidade así.
Cantos likes vale a felicidade? Como nos enganan nas redes?

sábado, 26 de outubro de 2024

SUBNORMAL, 2A

A historia real de Iñaki Zubizarreta, un exxogador de baloncesto que na súa adolescencia sufriu bullying, trasladouse ao cómic "Subnormal".
No epílogo, o protagonista define o bullying como “ese monstro con cara de neno que esnaquiza infancias, marca vidas e, nos casos máis extremos chega a provocar que nenos de pouca idade atenten contra eles mesmos”.
Cando estudaba no instituto, Zubizarreta foi o branco de burlas na súa clase. Sufriu moito, ata o punto que de propuxo quitarse a vida como única escapatoria. Este cómic pretende reflectir algunhas das situacións que viviu na súa adolescencia, para que se coñezan e para concienciar. Ademais, pretende dar ánimos aos mozos e as mozas que estean a ser vítimas de acoso para que o conten.
A vida de Iñaki converteuse nun exemplo de loita contra o acoso escolar. Nos últimos anos viaxou por colexios de España dando sesións para pais, alumnos e profesorado. A súa intención é mostrar esta problemática tal e como é, sen filtros e sen xustificacións. Podedes ver unha das súas intervencións aquí.

venres, 11 de outubro de 2024

MARXINADOS, 2A

Estreámonos con Marxinados, de Pepe Carballude.
Trátase dunha historia de persoas que viven, dalgunha maneira, fóra do mundo. Pero que tamén queren cambialo.
Fálanos dunha estrela do baloncesto que termina traballando como educador no internado onde foi criado; aínda que tamén está alí chamado por unha historia de amor...

mércores, 1 de maio de 2024

O ESPÍRITO DO ÚLTIMO VERÁN, 2CD

Susana Vallejo con esta novela permitiranos pechar o club por este curso.
Novela que entrelaza dúas historias paralelas. Unha conta o misterioso soño que obriga a Fran a regresar á casa na que pasaba os veráns, a outra é o relato do último verán "máxico" que pasou alí.
O espírito do último verán chámao para cerrar un episodio aínda non concluído. Porque de súpeto, despois de tantos anos e grazas a ese soño no que aparecía a súa avoa, comprende onde permanece oculto o tesouro. O tesouro da raíña moura.
Lede aquí o primeiro capítulo e algunhas curiosidades.

luns, 22 de abril de 2024

SUBNORMAL, 2D

Este club quixo crear, a partir desta lectura, un abecedario sobre as condutas ás que hai que poñerlle freo. 
SUBNORMAL, CONTRA O ACOSO de MEPP

mércores, 27 de marzo de 2024

domingo, 28 de xaneiro de 2024

SUBNORMAL, 2CD

Como era de esperar, os clubs de 2ºC e 2ºD fusiónanse. Comezamos xuntos a lectura de Subnormal. Os de 3º A déronnos envexa.
A historia real de Iñaki Zubizarreta, un exxogador de baloncesto que na súa adolescencia sufriu bullying, trasladouse ao cómic "Subnormal".
Guionizado por Fernando Llor e coas ilustracións de Miguel de Porto, o protagonista e o libro convertéronse na imaxe da loita contra o acoso escolar.

domingo, 14 de xaneiro de 2024

luns, 8 de xaneiro de 2024

CANDO PETAN NA PORTA..., 2AB

 
Lemos agora catro relatos de misterio que Docampo dedica aos seu pais, dos que di que foron grandes contadores de contos. Son historias que cando as lemos, parece que as estamos escoitando, o cal fai que o noso medo vaia en aumento e ademais poden facer lembrarnos os nosos medos que criamos especiais: aquela carballeira chea de sombras, o vento que abanea os salgueiros, a neve que nos chamaba a andar e ía borrando as nosas pisadas co risco de perdernos, a brétema que non nos deixa enxergar que seres se ocultan.

Material complementario.

sábado, 11 de novembro de 2023

REBELDES, 2AB

Rebeldes, de Susan E. Hinton foi a elección deste grupo.
Uns adolescentes neoiorkinos vense envoltos nunha complicada aventura pola inimizade entre dúas bandas. Tras unha pelexa, e sen ser culpables, Johnny e Ponyboy teñen que fuxir.
Durante a fuxida, Johnny arrisca a súa vida por salvar uns nenos dun incendio... e pérdea. Ponyboy regresa a casa cos seus irmáns decidido a volver ao instituto e abandonar unha vida tan chea de perigos.
Tamén podedes descargar a guía de lectura.

xoves, 20 de abril de 2023

CAMPOS DE FRESAS, 2º ESO A

 

Jordi Sierra i Fabra preséntanos a Luciana, unha moza que tomou unha decisión equivocada e está a pagar as consecuencias dos seus actos. Os seus amigos tentarán axudala para que poida corrixir ese terrible erro. Poderá dispoñer dunha segunda oportunidade e tomar as rendas da súa vida? Unha estremecedora historia sobre os perigos que axexan aos mozos de hoxe.
Podemos comezar co primeiro capítulo e temos unha guía de lectura.