sábado, 26 de abril de 2014

luns, 21 de abril de 2014

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Conmemoramos esta data e iniciamos unha viaxe coa lectura, dende a casa ata o universo da fantasía.

Ilustracións de Kavoko Nagashima

Máis información e recursos en Biblogcaniza.

sábado, 19 de abril de 2014

OS "40 PRINCIPAIS" EN GALEGO

En datas recentes, desde a Asesoría de bibliotecas escolares solicitáronnos aos centros PLAMBE a relación de títulos galegos que se incluían nos itinerarios lectores (é dicir, os libros de lectura recomendada desde os departamentos para o presente curso escolar).
Das respostas recibidas seleccionaron os "40 principais"; os 40 libros galegos que máis se repetían.

xoves, 10 de abril de 2014

LA LEY DE LA CALLE, 3º+4º

Esta foi a elixida: La ley de la calle, de Susan E. Hinton.

Sobrevivir nos suburbios dunha gran cidade esixe respectar as duras leis da rúa. Rusty James conseguiu saír adiante pero pagou un prezo moi alto. As pequenas escaramuzas que pronto se converteron en asuntos graves, as drogas, as ameazas á volta de cada esquina, o brillo do aceiro e o olor do sangue, os reformatorios, tamén as festas salvaxes e as rapazas. E ao fondo de todo a morte dun bo amigo que marcou a súa vida para sempre.

martes, 8 de abril de 2014

DRAGALIZANDO

Tiñamos escoitado moito sobre estes libros, aquela gran triloxía do dragón galego, da que tamén queren facer unha película e incluso un videoxogo e non queriamos quedar fóra desa irmandade. Foi empezar a nosa lectura e a propia autora presentouse no noso centro, está moi claro que esta historia ten un componente máxico indubidable.  En efecto, a xornalista e escritora Elena Gallego, cuxa páxina web persoal podedes visitar aquí, estivo connosco para falar de nenos, de Hadrian,  de Mónica, de dragóns, de seres mitolóxicos e de trens que as veces pasan por diante das nosas vidas e non deberiamos perder.


martes, 1 de abril de 2014

EL ROSTRO DE LA SOMBRA, 1º

El rostro de la sombra de Alfredo Gómez Cerdá.

Como é posible que algúns vídeos de Internet se difundan tan rápido? Unha escena interesante, unha anécdota divertida... Xa está todo inventado. Hai que gravar algo que de verdade chame a atención. Algo arriscado e perigoso. Tan perigoso que ninguén pode saber quen o colgou.
Booktrailer


O 60% da novela está dispoñible de maneira gratuíta en Internet e, ademais, tamén temos actividades interactivas para PDI outras propostas para traballar a lectura.