mércores, 30 de xaneiro de 2019
luns, 28 de xaneiro de 2019
OS MÁIS LIDOS NO 2017-2018
Como cada curso, a Asesoría publica en Ler en mancomún os 50 títulos máis lidos no conxunto dos 231 clubs de lectura adscritos o programa CLUBS DE LECTURA, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, durante o curso 2017/2018.
venres, 25 de xaneiro de 2019
PINTANDO CON PALABRAS
O equipo de Dinamización Lca convoca o II concurso de caligramas para conmemorar o Día de Rosalía de Castro.
E por que non participamos os dos clubs de lectura?
Ánimo, non parece complicado.
sábado, 19 de xaneiro de 2019
¡CÓMO MOLO!, 1º B
Manolito Gafotos fixo que nos puxeramos creativos e aquí algún acróstico realizado polos alumnos cos nomes dos personaxes principais.
Molan, non si?
luns, 14 de xaneiro de 2019
LA CABAÑA, 4º
La cabaña de Natasha Preston foi a elección deste grupo.
Unha fin de semana de esmorga nunha cabana remota é xustamente o que Mackenzie necesita. Quere divertirse a lume de biqueira cos seus amigos, lonxe dos pais e as obrigacións. Pero tras unha noite tola dúas deles morren… asasinados.
Sen signos de que a porta fose forzada e ningún rastro de loita, as sospeitas recaen sobre o grupo de amigos.
Entre eles só hai un asasino. Pero ningún é inocente.
UN AMOR, ADULTOS
Un cincuentón resolve a súa vida sexual coas visitas regulares a unha prostituta, ata que esta lle concerta unha cita cunha moza pola que termina desenvolvendo unha dolorosa dependencia sentimental.
A novela Un amor, do italiano Dino Buzzati, é a nova proposta que enreda co amor, a pasión obsesiva ou o masoquismo.
sábado, 12 de xaneiro de 2019
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)