Amosando publicacións coa etiqueta 22-23 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 22-23 b>. Amosar todas as publicacións
sábado, 23 de marzo de 2024
APOIO
Os de 1º B leron Déixao medrar, e agora, podemos escoitar que lle pareceu a lectura a María, Lucas e Isabel.
venres, 16 de xuño de 2023
xoves, 8 de xuño de 2023
domingo, 4 de xuño de 2023
martes, 30 de maio de 2023
NA GUARDA, FIN DE FESTA
Aquí nos podedes ver... e aínda que a meteoroloxía nos asustaba, ao final respectou a viaxe.
Visita ao castro, paseo pola vila, ruta das cetarias, praia e visita sorpresa ao oulet de Tui para resgardarnos da auga final.
Pinchade na foto para entrar na galería.
xoves, 25 de maio de 2023
EXCURSIÓN
E mañá, 26 de maio, temos prevista a excursión que pecha a actividade deste curso. Cara Á Guarda viaxarán 99 alumnos e 5 profesores para realizar:
- Unha visita ao castro de Santa Trega dende onde poderán apreciar a desembocadura do río Miño.
- Unha ruta polo casco antigo.
- Unha andaina pola ruta das cetarias (5 km) ata a praia “Area Grande”.
- Unha xornada de praia.
Contarémosvos que tal resultou este fin de festa co que pechamos as actividades do club e premiamos aos que, semana a semana, se reuniron para festexar a lectura.
mércores, 24 de maio de 2023
A LEBRE MECÁNICA, 3º ESO A
Con Ledicia Costas e este Premio Lazarillo de Creación Literaria 2021, pecharemos a actividade deste curso.
As cousas entre Nana e Corvo ultimamente non van nada ben. Conseguiran construír un mundo onde compartían todo: películas, música, manga, videoxogos... Non querían separarse nunca. Mais iso era antes. Agora Corvo desaparece durante horas e non conta onde vai. Cando Nana lle pregunta que lle pasa, enfádase. No seu grupo de amigos ninguén comprende que lle sucede. Desde que empezou a ir en serio coas apostas semella outro. O que antes era pura diversión converteuse nun pesadelo. Case sen decatarse, Corvo acaba metido nunha rede de problemas da que semella imposible saír.
domingo, 7 de maio de 2023
LETRAS GALEGAS 2023
Xa podemos ver a exposición e empregar os recursos para achegarnos á figura do homenaxeado.
venres, 5 de maio de 2023
LA ABUELA GÁNSTER, 1º A
Este club prolongou a lectura ao recrear a portada do libro lido, na clase de Tecnoloxía e Dixitalización. Uns artistas!
![]() |
| DAVID E ARIADNA - 1A |
![]() |
| GONZALO, DANIEL A E PAULA - 1A |
![]() |
| IRIA E PAULA - 1A |
![]() |
| Isma, Rafa, Alex de 1ºA |
![]() |
| LARA,COVADONGA E MARÍA - 1A |
![]() |
| ZAIRA E XIAN, 1A |
venres, 28 de abril de 2023
mércores, 26 de abril de 2023
PREMIO CLUBS LECTURA 2023
Co gallo da celebración do Día do Libro, a Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades, fai pública a Resolución de 21 de abril de 2023 pola que se recoñece a Manuel Núñez Singala co Premio dos Clubs de Lectura 2023.
sábado, 22 de abril de 2023
EXPOSICIÓN DÍA DO LIBRO
Xa está agardando a ser visitada!!
No blog da biblio temos un aperitivo virtual e tamén outras producións baixo a etiqueta Día Libro.
venres, 21 de abril de 2023
xoves, 20 de abril de 2023
CAMPOS DE FRESAS, 2º ESO A
Jordi Sierra i Fabra preséntanos a Luciana, unha moza que tomou unha decisión equivocada e está a pagar as consecuencias dos seus actos. Os seus amigos tentarán axudala para que poida corrixir ese terrible erro. Poderá dispoñer dunha segunda oportunidade e tomar as rendas da súa vida? Unha estremecedora historia sobre os perigos que axexan aos mozos de hoxe.
Podemos comezar co primeiro capítulo e temos unha guía de lectura.
mércores, 19 de abril de 2023
A EXPEDICIÓN DO PACÍFICO, 1º ESO C
Marilar Aleixandre tráenos unha novela de aventuras que conta as peripecias dunha nena de doce anos, Emilia, que se agacha como polisón nunha expedición científica que parte para explorar o Pacífico. A acción que se desenvolve no século XIX, non renuncia a estar escrita desde este fin de século. As ideas feministas, a polémica entre o darwinismo e o creacionismo a paixón polo coñecemento están nas páxinas desta excepcional novela.
martes, 18 de abril de 2023
O CÍRCULO ESCARLATA, 3º ESO B
E seguimos coa continuación que César Mallorquí vén de publicar a As lágrimas de Shiva.
"Nunha ocasión, hai xa ben de tempo, vin unha pantasma. E logo, catro anos despois, vin outra. A primeira pantasma era amable, mesmo arrecendía que daba gusto. A nardos. Era o espírito de Beatriz Obregón; grazas a ela atopei as Lágrimas de Shiva, un fabuloso colar que estivo perdido durante setenta anos.A segunda pantasma foi moito menos amable. Metía medo e, desde logo, non arrecendía precisamente a nardos. Tiven un desagradable encontro con ela na Mansión Kraken, pouco despois de escoitar falar por primeira vez do Círculo Escarlata, unha escura e sinistra seita tan antiga coma o tempo. Iso ocorreu no verán de 1973, catro anos despois da miña estancia en Vila Candeloria, o fogar dos meus tíos e das miñas curmás, os Obregón."
venres, 14 de abril de 2023
xoves, 13 de abril de 2023
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)



.jpg)





















