luns, 29 de maio de 2017

PATRIA, ADULTOS

Para encher o verán de lecturas, decidimos esta novela de Fernando Aramburu.
Resultado de imagen
A historia de dúas familias que foron inmemorialmente amigas e ás que enfrontou o conflito. Unha historia paralela de procura dun perdón que uns han de pedir aos outros.

venres, 26 de maio de 2017

martes, 16 de maio de 2017

EXCURSIÓN

O 22 de maio temos prevista a excursión que pecha a actividade deste curso.
O destino, A Guarda.
Coma sempre haberá prazas limitadas (52) que se sortearán no caso de que a demanda supere o ofertado.
 Nesta viaxe realizarán:
  • Unha visita ao castro de Santa Trega dende onde poderán apreciar a desembocadura do río Miño.
  • Unha ruta polo casco antigo.
  • Unha andaina pola ruta das cetarias (5 km) ata  a praia “Area Grande”.
  • Unha xornada de praia.

O custo da actividade será de 8,00 €, dos que 5,00 serán aportación do alumnado e o restante correrá a cargo do club.
O alumnado deberá levar comida e bebida para o xantar.

luns, 15 de maio de 2017

LETRAS GALEGAS

Resultado de imagen de carlos casares
Recordamos a Carlos Casares coas actividades que se propón dende Biblioteca, Lingua Galega e Dinamización.
O alumnado tamén deseñou carteis.

xoves, 4 de maio de 2017

LA NIEBLA QUE TE ENVUELVE, 4º ESO

E esta será a última lectura do club de 4º.
Lux Homini é un centro educativo para superdotados que contratou os servizos de Rafa e do seu compañeiro Alfredo para mellorar a súa web.
Desde o primeiro día sospeita do que alí sucede: cámaras que gravan todo, estudantes medicados, estrañas e perigosas probas... parece que Lux Homini esconde algo máis do que se ve na primeira ollada.
Escoitemos ao propio autor, César Fernández García, falando da obra.