luns, 25 de novembro de 2019

25 NOVEMBRO

Durante esta semana, os clubs de lectura desenvolverán actividades relacionadas co día.
Algunha delas:


  • Selección de lecturas, vídeos e/ou música cos que elaborar taboleiros temáticos. Como aperitivo...
Coa versión realizada por Dario DK para o CPI de Mondariz.

mércores, 13 de novembro de 2019

MEMORIA DO SILENCIO, 4º A+B

Eva Mejuto, en Memoria do silencio, noveliza a historia real das irmás Touza, que durante os primeiros anos 40 salvaron a máis de 500 xudeus perseguidos polo nazismo.
Estación de tren de Ribadavia, verán de 1943. Günter busca ascender na Gestapo destapando unha trama internacional que axuda os xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa. Lola é unha muller brava e xenerosa, que cre na xustiza por riba de todo e arrisca a vida por axudar a quen o necesita. Frieda foxe da Holanda nazi e do seu pasado, arelando empezar unha nova vida en América como directora de orquestra. Tempos difíciles onde o medo e o silencio tecen unha rede de segredos e intrigas cun fin último: a liberdade.
Podemos empregar a súa ficha de actividades.
A lectura levaranos, tamén, á película La vida es bella, do director Roberto Benigni.

MATILDA, 1º A+C

Roald Dahl, con Matilda, buscará contaxiarnos o gusto pola lectura.
Matilda é unha ávida lectora de só cinco anos. Sensible e intelixente, todos a admiran menos os seus mediocres pais, que a consideran unha inútil. Ademais, ten poderes estraños e marabillosos... Un día, Matilda decide liberarse e empeza a empregalos contra a abominable e cruel señorita Trunchbull.

Contamos cunha interesante guía de lectura e outra sobre a película.

sábado, 2 de novembro de 2019

REBELDE, 1º B

Amor, soidade e marxinación serán os ingredientes de Rebelde, a novela de Manuel L. Alonso coa que nos iniciamos na actividade.
Eduardo é un mozo orfo a piques de cumprir os dezaoito anos que se vai a vivir a Madrid cuns tíos aos que non aguanta, polo que foxe da súa casa e percorre algúns lugares de España alternando traballos esporádicos e vagabundaxe.
Despois dalgunhas andanzas volve a Madrid onde coñece a Ana, unha moza da súa idade filla de pais acomodados, da que se namora perdidamente. A partir dese momento é o amor por esta moza o que marcará a traxectoria de Eduardo.
Conta tamén cun proxecto de lectura.

venres, 1 de novembro de 2019

ORGULLO Y PREJUICIO, ADULTOS

Con Jane Austen e Orgullo y prejuicio retomamos a actividade.
Coa chegada do rico e aposto  Mr.  Darcy, as vidas dos  Bennet e as súas cinco fillas vólvense do revés. O orgullo e a distancia social, a astucia e a hipocrisía, os malentendidos e os xuízos apresurados abocan aos seus personaxes ao escándalo e á dor, pero tamén á comprensión, ao coñecemento e ao amor verdadeiro.