mércores, 11 de xaneiro de 2023
EL PRÍNCIPE DE LA NIEBLA/LA ABUELA GÁNGSTER, 1º A+D
martes, 10 de xaneiro de 2023
LA HISTORIA DE JULIÁN, 2º ESO D
La historia de Julian trata sobre o neno que peor se porta con Auggie. Non soporta velo, non soporta que sexa amigo de Jack, non soporta que estea no seu colexio... e non é capaz de darse conta do impacto que os seus actos poden ter nos demais.
Podemos empezar a lectura xa.
EUROPA EXPRESS, 3ºA
Europa Express, da escritora coruñesa Andrea Maceiras, é unha novela que plantexa unha viaxe de interrail que sete mozos fan ao remataren o segundo curso de bacharelato. A traxedia sufrida por un deles, Xacobe, e as dúbidas sobre a súa morte latexan no máis íntimo das personaxes dez anos despois, especialmente nos casos da parella formada por Nico e Aroa. Novela de perfil psicolóxico, cunha estrutura orixinal artellada con dificultade, que amosa certos coñecementos sobre o vello continente, non exenta de tópicos e cun final sorpresivo aínda que algo confuso.
COMO NON LER?
- Presentar o libro como unha alternativa á televisión.
- Presentar o libro como unha alternativa á historieta.
- Dicirlles aos nenos de hoxe que os nenos doutra época lían máis.
- Considerar que os nenos teñen demasiadas distracións.
- Botarlle a culpa aos nenos se non aman a lectura.
- Transformar o libro nun instrumento de tortura: ás veces, hai tarefas coas que imos engadindo dificultades á lectura en lugar de facilitala. Fan que o libro de lectura deixe de ser divertido, deixe de interesar, de conmover. O libro que entra na escola como un esquema de rendemento escolar, non se converte en algo fermoso, senón en algo que serve ao mestre para expresar un xuízo.
- Negarse a lerlle ao neno.
- Non ofrecer unha opción suficiente.
- Ordenar ler.
O que temos é que crear as condicións para que os nenos lean. O amor á lectura non é unha técnica é algo moito máis interior vinculado á vida.
luns, 9 de xaneiro de 2023
AMEAZA NA ANTÁRTIDA, 1º B
Said e Sheila, os dous irmáns do futuro que xa protagonizaran Perigo vexetal (premio Merlín, 1995) e O futuro roubado, viven aquí unha nova e inquietante aventura. Todo comeza cando descobren unha estraña mortandade de peixes no río que hai preto da súa casa. A procura das causas do desastre ecolóxico lévaos ó descubrimento dun terrible plan promovido por Anatoly Koprissos, un multimillonario grego que pretende dominar o mundo mediante a enerxía nuclear.
O proxecto de lectura de Xerais sempre nos pode axudar.
E podemos aproveitar a lectura para ir ao pasado máis próximo: só hai 20 anos do desastre do Prestige. Recordemos.





