martes, 30 de abril de 2019

OS 40 MÁIS LIDOS NO 2017/2018

YO ESTUVE AQUÍ, 4º A

Os de 4º continúan con Yo estuve aquí de Gayle Forman
Cody cría sabelo todo acerca dao súa mellor amiga Meg, unha moza intelixente, admirada e cunha personalidade irresistible. Pero que a levou a un suicidio tan meticulosamente planificado?
Cody necesita entender, coñecer, reescribir a súa amizade. Iso é o que tenta cando se despraza á universidade de Tacoma a recoller as cousas de Meg. Unha viaxe que poñerá en dúbida todo cando cría saber sobre a súa amiga. Un camiño que a enfrontará a cuestións difíciles de soportar e que a levará ao límite de si mesma.

luns, 29 de abril de 2019

CARTAS DE INVERNO, 1º A+B

Este clásico de Agustín Fernández Paz porá unha pinga de misterio nas últimas reunións dos de 1º.

Despois dunha longa estadía en Québec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atopa as cartas que o seu amigo Adrián lle escribira na súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que tal vez as persoas nin tan sequera somos quen de imaxinar.
A editorial tamén conta cunha guía de lectura.
E na biblioteca contamos, tamén, coa versión de Antonio Seijas en banda deseñada.

mércores, 17 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO

Como o curso pasado colaboramos no desenvolvemento da exposición da biblioteca: "A escola non sempre foi así".
Animamos a visitala.
Máis información aquí
E a participar no concurso sobre os nosos profes/nenos.

luns, 1 de abril de 2019

LA TRENZA, ADULTOS

Laetitia Colombani en La Trenza aborda as historias de tres mulleres que, nacidas en continentes moi dispares, comparten unhas ideas e sentimentos que as unen nun poderoso anhelo de liberdade.
Smita,  Giulia e Sarah non se coñecen, pero teñen en común o empuxe e o tesón das mulleres que rexeitan o que o destino lles ha reservado e rebélanse contra as circunstancias que as oprimen. Como fíos invisibles, os seus camiños entrelázanse, formando unha  trenza que simboliza a vontade inquebrantable de vivir con esperanza e ilusión.