domingo, 18 de xaneiro de 2015

LEJOS DE GHANA, ADULTOS

Lejos de Ghana de Taiye Selasi foi a elixida para a reunión do 10 de abril.

Primeiras páxinas.
Para a crítica:
«Unha escritura fresca e sorprendente que busca redefinir o concepto de “novela africana” e conségueo plenamente.» The Bookseller
«Selasi escribiu unha primeira novela ambiciosa, no mellor sentido do termo [...]. O que trata de mostrar aos lectores non é África, senón unha familia africana, dona do seu destino e responsable dos seus éxitos e fracasos, e iso merece ser ampliamente aplaudido.»The New York Times

luns, 12 de xaneiro de 2015

CORAZÓN DE CHOCOLATE, 1º A+B

Un misterio para Tintimán en Compostela de Jaureguízar.
En Corazón de chocolate, a cidade de Santiago de Compostela é un escenario emocionante e arriscado para o misterio que ten que descubrir. O reporteiro investigará se realmente existe a Irmandade Xelmírez, unha seita perversa, ou se só é unha lenda. Señor Grozni, un gato cun parche nun ollo, e Mónica, unha amiga que asegura ser a súa moza, achegaranlle a axuda precisa para que Tintimán descubra a verdade.