Os de 1º B interpretan a lectura cun mural
Amosando publicacións coa etiqueta Audiovisual b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Audiovisual b>. Amosar todas as publicacións
venres, 14 de abril de 2023
venres, 10 de abril de 2020
luns, 20 de xaneiro de 2020
domingo, 9 de decembro de 2018
luns, 22 de outubro de 2018
O PRINCIPIÑO, 1º A

O Principiño do aviador francés Antoine de Saint-Exupéry, é un conto filosófico que, baixo a aparencia dun conto infantil, aborda temas tan profundos como a vida, a morte, o amor, a amizade...
Algunhas actividades sobre a obra aquí. E para motivar a lectura tamén.
FENRIS EL ELFO; 2º A+B
É o cuarto libro de Crónicas de la Torre de Laura Gallego; unha serie que relata a historia de Dana e a súa relación especial con Kai, o seu amigo e protector.
Fenris é un elfo moi especial. Ten grandes poderes e, nas noites de lúa chea, unha forza inexplicable arrástrao ata convertelo nun ser asombroso. O amor por Shi- Mae e o seu enfrontamento con personaxes poderosos no Reino dos Elfos van determinar o seu futuro. Aquí comeza a súa viaxe ata a Torre, situada no Val dos Lobos.
martes, 8 de maio de 2018
luns, 23 de abril de 2018
mércores, 25 de outubro de 2017
ESCARLATINA... 1º A+B
Con Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas, "cociñarán" os de este grupo.
Román
é un neno de 11 anos que naceu o día de defuntos. Perdeu ao seu avó e,
por culpa da crise, algún dos costumes da súa vida. Polo seu aniversario
recibe un inesperado agasallo. Empeza aquí o seu contacto co
inframundo. Escarlatina, unha pequena virtuosa da cociña falecida no
século XIX lévao ao máis aló, e xuntos deberán elaborar a receita
perfecta para vivos e mortos.
A editorial, Xerais, ofrécenos incluso unha guía de lectura.
luns, 5 de xuño de 2017
domingo, 5 de febreiro de 2017
EL PRÍNCIPE DE LA NIEBLA, 1º A
Este grupo de 1º elixiu a novela El príncipe de la niebla que, xunto con El Palacio de la medianoche e Las luces de septiembre, forma a Trilogía de la niebla de Carlos Ruiz Zafón.
Se queredes saber máis podedes ver esta presentación realizada por lclcarmen1 ou seguir a guía de lectura.
venres, 22 de abril de 2016
martes, 29 de marzo de 2016
DOODLE A UNHA INNOVADORA
Este luns, Google rendeu homenaxe co seu doodle á precursora do libro electrónico, a leonesa Ángela Ruiz Robles.
Ela inventou en 1949 a enciclopedia mecánica, un dispositivo con abecedarios automáticos en todos os idiomas e co que podían formarse palabras, frases, leccións ou temas e toda clase de escritos.
Ela inventou en 1949 a enciclopedia mecánica, un dispositivo con abecedarios automáticos en todos os idiomas e co que podían formarse palabras, frases, leccións ou temas e toda clase de escritos.
xoves, 17 de marzo de 2016
O PRINCIPIÑO, 1º C
Á hora de facermos a lectura en grupo, tratei de destacar estas dúas mensaxes importantes que percorren o libro do Principiño.
Tamén traballamos a ilustración, tan importante neste libro, e algúns alumnos con diferentes materiais realizaron o “SEU PLANETA“, mentres que outros fixeron a súa homenaxe ao Asteroide do Principiño. Os resultados como se poden ver nas fotos son excelentes.
CLUB LECTURA MUCHACHADA LECTORA on PhotoPeach
Para pechar a actividade da lectura, os alumnos escribiron unha frase que recollese unha idea, unha sensación, unha impresión ou unha opinión da lectura do Principiño. Uns copiaron e escribiron literalmente algunha das coñecidas frases do Libro, outros optaron por unha valoración persoal. Velaquí temos os seus comentarios:
VERÉ DE GOLPE TODO EL PLANETA Y TODOS LOS HOMBRES.
UN ELEFANTE DENTRO DUNHA BOA NON É UN SOMBREIRO. OS MAIORES NON ME COMPRENDEN!!!
A MELLOR ETAPA DA TÚA VIDA SERÁ SER UN RAPAZ, PORQUE OS MAIORES SON UNS ABURRIDOS.
TODOS OS MUNDOS SON PRECIOSOS, PERO HAI XENTE MALA.
UNHA FLOR DE TRES PÉTALOS, UNHA FLOR DE NADA!!!
AS PERSOAS MAIORES ACONSELLÁRONME QUE DEIXASE OS DEBUXOS DE SERPES E ME CENTRASE NA HISTORIA, XEOGRAFÍA, CÁLCULO E DESE XEIO ABANDONEIME AOS SEIS ANOS.
LA TIERRA NO ES UN PLANETA CUALQUIERA!!!
OS ADULTOS NUNCA ENTENDEN AOS RAPACES E SEMPRE ESTÁN COAS SÚAS COUSAS ABURRIDAS.
O PLANETA SEGUINTE ESTABA HABITADO POR UN BEBEDOR. ESTA VIAXE FOI MOI BREVE PERO SUMIU AO PRINCIPIÑO NUNHA GRAN MELANCOLÍA.
A VERDADE É QUE TODOS OS MAIORES SON MOI RAROS…
Sería bo que estes lectores que están a punto de abandonar “esa etapa de vida de rapaz” teñan en conta as aprendizaxes do neno Príncipe durante a súa viaxe pola vida. No caso de que as esquezan, sempre queda a opción de volver a ler O Principiño.
Elvira Moroño (profesora Lingua Galega)
mércores, 20 de xaneiro de 2016
ESCARLATINA... CLUB LECTURA 2º B
Á volta do Nadal, o club de 1º A+2º B escíndese para seguir camiños diferentes.
Os variados intereses, idades, actitudes e aptitudes explican a separación que se manifesta, por suposto, na elección de lecturas.
Con Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas, "cociñarán" nas vindeiras semanas os de 2º B.
Román é un neno de 11 anos que naceu o día de defuntos. Perdeu ao seu avó e, por culpa da crise, algún dos costumes da súa vida. Polo seu aniversario recibe un inesperado agasallo. Empeza aquí o seu contacto co inframundo. Escarlatina, unha pequena virtuosa da cociña falecida no século XIX lévao ao máis aló, e xuntos deberán elaborar a receita perfecta para vivos e mortos.
A editorial, Xerais, ofrécenos incluso unha guía de lectura.
luns, 23 de novembro de 2015
venres, 14 de marzo de 2014
THIS IS WHERE WE LIVE
Neste anuncio en stop motion os libros son os protagonistas! As persoas, as árbores, os edificios... todo está feito de libros.
Aquí é onde vivimos, ou onde nos gustaría vivir?
Aquí é onde vivimos, ou onde nos gustaría vivir?
xoves, 9 de xaneiro de 2014
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)










