Amosando publicacións coa etiqueta 23-24. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 23-24. Amosar todas as publicacións

luns, 24 de xuño de 2024

ABUR!!!!

Xa vedes, a nosa batería precisa descanso e recarga e, para iso, está o verán.
En setembro saberedes de nós!!!

martes, 21 de maio de 2024

DE EXCURSIÓN, 2024

Pechamos actividade, coma sempre, cunha xornada de convivencia intergrupal. Aquí vai un aperitivo.

luns, 13 de maio de 2024

MULTIVERSO SHAKESPEARE, 1º B

Pechamos con esta obra de teatro de Nando López.

Todo comeza no instituto o día da representación de Julieta e Violeta, un musical escrito por Ángel por petición do seu profesor de Lingua e que se inspira na coñecida traxedia de Shakespeare.

Con todo, ninguén na súa clase confía en que a actuación vaia a saír ben, porque os que acabaron sendo unha traxedia foron os seus ensaios, tan complicados como case todo neste 1º de ESO, no que tiveron que afrontar retos cos que non contaban.

E o día complicarase aínda máis cando, a só unhas horas da estrea, decátanse de que desapareceu Ena, unha das protagonistas da obra…

Recursos para o alumnado e profesorado.

xoves, 2 de maio de 2024

EL PEQUEÑO NICOLÁS, 1A

Esta foi a nova elección: El pequeño Nicolás, de Sempé e Goscinny.
O primeiro dunha serie de libros que protagoniza e narra en primeira persoa Nicolás, un rapaz de 7 ou 8 anos, fillo dunha familia francesa de clase media.
Tamén podedes descargar a guía de actividades e, se queredes practicar o voso francés, aquí está a páxina oficial.

mércores, 1 de maio de 2024

O ESPÍRITO DO ÚLTIMO VERÁN, 2CD

Susana Vallejo con esta novela permitiranos pechar o club por este curso.
Novela que entrelaza dúas historias paralelas. Unha conta o misterioso soño que obriga a Fran a regresar á casa na que pasaba os veráns, a outra é o relato do último verán "máxico" que pasou alí.
O espírito do último verán chámao para cerrar un episodio aínda non concluído. Porque de súpeto, despois de tantos anos e grazas a ese soño no que aparecía a súa avoa, comprende onde permanece oculto o tesouro. O tesouro da raíña moura.
Lede aquí o primeiro capítulo e algunhas curiosidades.

luns, 22 de abril de 2024

SUBNORMAL, 2D

Este club quixo crear, a partir desta lectura, un abecedario sobre as condutas ás que hai que poñerlle freo. 
SUBNORMAL, CONTRA O ACOSO de MEPP

venres, 12 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO, 2024

Curtametraxe da francesa Julia Simeón, realizadA orixinalmente en 3D, cun estilo de conto de fadas. É unha homenaxe á lectura e aos mundos que recreamos a través dela. A protagonista e o seu gato transformarán unha cabana nun palacio de xogos.

mércores, 10 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO

Recursos, exposicións, concursos... moito que ver e facer na biblioteca. Estade atentos ao que se publica no blog. Picade no imaxe.

luns, 8 de abril de 2024

TRESCATORCEDEZASÉIS, 4AB

 Agora, Rocío Leira tráenos.


«Xogamos?» Ese é o contido dun correo electrónico que un día recibe o profesor Benavides. O matemático acepta o lance e, dende ese intre, terá que desentrañar o misterio que se agocha tras os asasinatos que se están a producir no campus universitario. Coa axuda de Silvia, unha enigmática alumna da facultade de Matemáticas, Benavides deberá resolver os desafíos lóxicos que un intelixente asasino lle vai propor. Mensaxes cifradas, pistas inquietantes e códigos aparentemente irresolubles danse cita nesta aventura chea de intriga na que entrarás de cheo nunha parte da historia das matemáticas. Comeza o xogo!

venres, 5 de abril de 2024

mércores, 27 de marzo de 2024

venres, 22 de marzo de 2024

¡VAICHE BOA!, 3B

Vaiche boa de Paul Jennings. Unha morea de historias alucinantes que hai que gozar e ler con cautela: unha barra de labios que volve tolas ás rapazas, uns calzóns que proporcionan calidades prodixiosas a quen os pon, o esterco dun xardiñeiro afeccionado que produce unha praga de moscas, unha cola milagrosa que, despois de catro horas, deixa de funcionar. Un esqulete no retrete e osos que camiñan pola praia... Vaiche boa!

xoves, 21 de marzo de 2024

UNHA ESTRELA NO VENTO, 3ºC

O grupo de lectura de 3° C analizou o cambio das letras das cancións no tempo. Así, despois de ler "Unha estrela no vento", escoitaron as cancións que introducen algúns capítulos,  para comparalas coas música que eles mismos escoitan.



xoves, 14 de marzo de 2024

RECINTO GRIS, 4A

Continuamos con Ledicia Costas en Recinto Gris.

Tras unha día de galerna, Cidade Vii foi invadida por un exercito adestrado para conseguir unha cidade perfecta. Aqueles soldados altísimos de uniforme negro e cabeza de lobo peiteaban o territorio, rexistraban cada casa, non deixaban nada ao chou. Tiñan instrucións moi claras que cumprir: colleren aqueles que perturbaban o equilibrio social, ás persoas consideradas diferentes, metelas nos camións e trasladalas a Recinto Gris, un lugar habilitado para aloxar os que non encaixaban no seu deseño. Aqueles soldados lobos presentáronse na casa de Nube, unha rapaza incapaz de mentir, coa intención de levala.

Material complementario.

xoves, 7 de marzo de 2024

xoves, 29 de febreiro de 2024

DÉIXAO MEDRAR, APOIO

Paio e o fútbol serán os protagonistas desta entrega de Silvestre Gómez Xurxo.

Paio ten catorce anos e é moi bo xogando ó fútbol. As persoas que están a carón do rapaz manteñen discursos diferentes: o seu pai cre que pode chegar ata o máis alto e facerse rico e famoso; súa nai, o mesmo que o adestrador do equipo, desexa que Paio xogue e se divirta sen pensar en condicionantes extradeportivos. E ademais está Ana, a rapaza coa que anda a vivir unha tenra e emotiva historia de amor, de quen Paio non ten interese ningún en separarse. O conflicto xorde cando un equipo dos grandes se interesa seriamente pola súa fichaxe.
Temos tamén unha guía de lectura.
Para motivar podedes ver esta película que tedes na biblioteca ou en Orientación.

xoves, 22 de febreiro de 2024

EL SÓTANO, 1º C

Este grupo tamén quere entrar no lado escuro do psicópata desta novela, da que tanto falan os de 1º ESO A.

domingo, 4 de febreiro de 2024

BOOKTRAILER

Alumnos de 4º lanzáronse á produción cinematográfica, sen dúbida, con éxito. Mirade algúns.