xoves, 26 de novembro de 2020

IRIDIUM, 2º ESO

Francisco Castro convídanos a romper o xeo con Iridium. É unha historia de amor. Ou é unha historia de discriminacións e inxustizas. Ou é unha historia sobre a amizade máis aló das dificultades. Ou é unha historia sobre unha raíña do Instagram e un malote moi malo.
Libro que entrou na prestixiona Lista IBBY de Oslo.

xoves, 12 de novembro de 2020

ORGANIZÁMONOS


Estamos case a punto e, ante a tímida resposta, contamos con tres grupos, un en 1º da ESO, outro en 2º e outro en 4º.
Organizamos a coordinación dos grupos alternando a actividade entre nós. Deste xeito comeza Esther con 1º, Elena con 2º e Conchi con 4º. En canto rematen as lecturas, serán substituídas por Irene, Belén, César e Zaixega.
Como ademais haberá baixas, estes grupos poderán modificarse segundo as necesidades.