sábado, 17 de maio de 2014

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

LA BUENA REPUTACIÓN, ADULTOS

Xa a piques de rematar o curso e para evitar andar ás présas, faremos a seguinte reunión a finais de agosto en torno ao libro La buena reputación de Martínez de Pisón.

Estamos en Melilla, son os anos cincuenta e, nese contexto de cambio e incerteza, o matrimonio de Samuel e Mercedes decide viaxar a Málaga para establecerse nunha España que comeza a abrirse lentamente á modernidade. Da man de cinco membros dunha mesma familia, esta saga percorre trinta anos da nosa historia e transita por cidades como Melilla, Tetuán, Málaga, Zaragoza ou Barcelona.
Os desexos e ilusións de Samuel e Mercedes, das súas fillas e dos seus netos veranse condicionados por segredos inconfesables nunha vida que transcorre fugaz einesperada.
Autor imprescindible das letras españolas, Ignacio Martínez de Pisón dá vida nestas páxinas a uns personaxes inesquecibles, nun retrato nítido e veraz da vida cotiá e o devir dunha familia. Unha lectura marabillosa á que un desexa volver porque nela vemos reflectidas nosas propias vivencias e a nostalxia daqueles momentos que se perden no recordo.

martes, 13 de maio de 2014

MAKINARIA E PENÚLTIMAS TENDENCIAS, 3º+4º

A poesía de Carlos Negro axudaranos a despedir este club ata o ano que vén, con Makinaria e Penúltimas tendencias.

  • Penúltimas tendencias. Este é un libro de versos que rompen as costuras do silencio; un album secreto para todas aquelas mozas que procuran una fenda nos valos, máis alá da gaiola rosa dos contos de princesas; un diario onde unha adolescente convulsa e opaca atopa a voz que nunca tivo. Porque medrar é aprender a fuxir da ditadura dos espellos. Non agardes máis: entra nun universo onde non todo vai ser fashion & cool & chic & sexy. Tamén temos proxecto de lectura.

sábado, 3 de maio de 2014

UN ATAQUE DE RISA, 2º C

Un ataque de risa, de Gabriel García de Oro, foi o elixido neste grupo. Morrerán de risa coa lectura?

Vaia día! Mario non recordaba outro igual. Ela deixáralle de falar ata novo aviso, o seu amigo Segur dubidara da súa amizade e largárase sen despedirse, sen esperalo para facer xuntos o camiño de volta. Por se fose pouco, un profesor ameazárao con suspendelo unha das súas materias favoritas, Lingua e Literatura, sen máis, sen exame, sen probas, sen nada. E todo por un chiste!!! Claro que era un chiste moi, moi, moi, pero que moi bo...
Así comeza unha das intrigas máis incribles e perigosas na vida dun estudante de instituto que se verá envolvido non só no asasinato dun dos seus profesores senón en todo un complot.
A editorial tamén nos ofrece un plan lector con actividades para antes, durante e despois da lectura.