sábado, 17 de maio de 2014

LA BUENA REPUTACIÓN, ADULTOS

Xa a piques de rematar o curso e para evitar andar ás présas, faremos a seguinte reunión a finais de agosto en torno ao libro La buena reputación de Martínez de Pisón.

Estamos en Melilla, son os anos cincuenta e, nese contexto de cambio e incerteza, o matrimonio de Samuel e Mercedes decide viaxar a Málaga para establecerse nunha España que comeza a abrirse lentamente á modernidade. Da man de cinco membros dunha mesma familia, esta saga percorre trinta anos da nosa historia e transita por cidades como Melilla, Tetuán, Málaga, Zaragoza ou Barcelona.
Os desexos e ilusións de Samuel e Mercedes, das súas fillas e dos seus netos veranse condicionados por segredos inconfesables nunha vida que transcorre fugaz einesperada.
Autor imprescindible das letras españolas, Ignacio Martínez de Pisón dá vida nestas páxinas a uns personaxes inesquecibles, nun retrato nítido e veraz da vida cotiá e o devir dunha familia. Unha lectura marabillosa á que un desexa volver porque nela vemos reflectidas nosas propias vivencias e a nostalxia daqueles momentos que se perden no recordo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario