Á volta do Nadal, o club de 1º A+2º B escíndese para seguir camiños diferentes.
Os variados intereses, idades, actitudes e aptitudes explican a separación que se manifesta, por suposto, na elección de lecturas.
Con Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas, "cociñarán" nas vindeiras semanas os de 2º B.
Román é un neno de 11 anos que naceu o día de defuntos. Perdeu ao seu avó e, por culpa da crise, algún dos costumes da súa vida. Polo seu aniversario recibe un inesperado agasallo. Empeza aquí o seu contacto co inframundo. Escarlatina, unha pequena virtuosa da cociña falecida no século XIX lévao ao máis aló, e xuntos deberán elaborar a receita perfecta para vivos e mortos.
A editorial, Xerais, ofrécenos incluso unha guía de lectura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario