mércores, 26 de xaneiro de 2022

MORGÚN, 4º ESO A

"O que morreu con traizón volverá polo mar, entrará no castro tres veces e entón recuperará o reino usurpado polo seu fillo. E o rei será raíña e a espada será o seu signo".
Esta é a profecía do vello druída da fortaleza de Baroña. E habíase cumprir. Morgún será o brillante guerreiro que libere da indignidade a aquela comunidade que asistirá ao nacemento do seu señor Breogán.

Esta novela épica de Suso de Toro ten por narrador a Dous Corvos, un guerreiro que narra o acontecido a Morgún, a quen el chama Lobo Máxico, un heroe celta que foi atopado cando meniño cun ollo de cada cor e cunha manda de lobos protexéndoo. "Morgún" é un relato épico celta enchido de maxia, profecías, vinganzas e destinos de heroes e semideuses.

Temos incluso o proxecto de lectura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario