Este luns día 18 pretendemos, se o tempo nos deixa, facer a visita aprazada a Ourense.
Aproveitando a recentemente inaugurada exposición do Centro Cultural Marcos Valcárcel, faremos:
- Unha visita á exposición “Darwin y el evolucionismo”.
- Un roteiro literario pola cidade.
- Un percorrido, con baño incluído se o desexan, polas termas públicas de Outariz ou a Chabasqueira.
A actividade correrá a cargo do Club de lectura e da Biblioteca, agás o desprazamento en autobús urbano ata as termas (0,85 €) que correrá a cargo do alumnado que, ademais, deberá levar comida e bebida para o xantar.
A hora de saída do centro será ás 8:50 horas e a hora de chegada á Cañiza arredor das 17:30 horas, polo que poderán regresar a casa no transporte habitual.
Ningún comentario:
Publicar un comentario