venres, 9 de outubro de 2026

UN DE NÓS MENTE, 3A

 

A nosa primeira lectura estará chea de misterio, sospeitas e xiros inesperados: Un de nós mente, de Karen M. McManus.

Cinco estudantes entran nunha aula. Só catro saen con vida. Todos teñen algo que ocultar e todos poderían ter un motivo para mentir. Pero, quen di a verdade? E quen está disposto a facer calquera cousa para que o seu segredo non se descubra?

Preparade as vosas hipóteses, escollede o voso sospeitoso e deixádevos levar pola historia. Porque, nesta lectura, unha cousa está clara: calquera pode mentir, pero alguén terá que descubrir a verdade.

Sabiades que tamén ten unha adaptación televisiva? A serie Alguien está mintiendo, para Netflix. E ti, que prefires: ler primeiro o libro ou ver antes a serie?

Ningún comentario:

Publicar un comentario