Despediremos o club coa lectura desta novidade editorial, premio National Indie Excellence para a mellor novela de suspense de 2015.
Lisa ten 16 anos, antecedentes académicos intachables, habilidades para a ciencia e unha intelixencia que supera á media. Con todo, hai outra característica da súa personalidade que a converte nunha moza diferente ás demais: padece un transtorno que lle impide empatizar coa súa contorna. Por iso, cando é secuestrada con sete meses de embarazo, Lisa non sente medo ou desesperación, senón que se enfoca na construción dun plan perfecto que lle permita destruír ao seu carceleiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario