Alumnos do club colaboraron no deseño da exposición Quen con quen? que busca dar un paseo polas obras da literatura universal que todo o mundo recoñece como imprescindibles.
Seleccionaron 30 autores e engadiron pistas sobre eles, a súa caricatura e fragmentos dalgunha das súas obras, probablemente das máis representativas.
Con eses datos só hai que intentar recoñecer quen é quen, e ubicar sobre eles os rótulos móbiles.
Tamén deseñaron un cuestionario para percorrer a exposición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario