Continuamos con:
“Son koblai, da tribo de Zalb. Son iraquí e musulmán. Son árabe. Son Khaled ben Sayiam, cidadán do mundo."
Irmán do vento, a novela de M. Lourenzo González, é a historia de Khaled, un rapaz dunha apartada aldea do Iraq que, coma outro rapaz calquera, ten unha familia, unha vida, proxectos... Ata que, de repente, todo cambia coa guerra.
A novela reflicte como a infancia vive un conflicto bélico e sofre as súas consecuencias máis duras, sen ser consciente das causas nin das circunstancias nas que se desenvolve.
Podemos escoitar tamén ao autor falando sobre Irmán do vento e Flor de area no IES Bouza Brey de Vilagarcía.
Descarga aquí o primeiro capítulo ou o proxecto de lectura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario