Luís, un xornalista canso do seu traballo e o seu matrimonio, planea asistir a un congreso en Austin, Texas. A viaxe é unha mera coartada para atoparse brevemente con Camila, quen se converteu no único aliciente da súa vida. Pero cando está a piques de partir, recibe unha mensaxe súa: «Deixémolo aquí, quedemos o recordo». Desconsolado e sen saber que facer en Austin, refúxiase nun arquivo da universidade, onde se topa casualmente cunhas cartas de William Faulkner á súa amante Meta Carpenter. A lectura desta longa correspondencia axúdao a reconstruír o recordo da súa aventura amorosa e a reflexionar sobre a súa tedioso matrimonio, pero tamén a preguntarse como hai que vivir para lograr que cada día valla a pena.
Podemos comezar a ler aquí e incluso ver a entrevista que o autor, Jacobo Bergareche, concede a Página Dos de TVE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario