Europa Express, da escritora coruñesa Andrea Maceiras, é unha novela que plantexa unha viaxe de interrail que sete mozos fan ao remataren o segundo curso de bacharelato. A traxedia sufrida por un deles, Xacobe, e as dúbidas sobre a súa morte latexan no máis íntimo das personaxes dez anos despois, especialmente nos casos da parella formada por Nico e Aroa. Novela de perfil psicolóxico, cunha estrutura orixinal artellada con dificultade, que amosa certos coñecementos sobre o vello continente, non exenta de tópicos e cun final sorpresivo aínda que algo confuso.
martes, 6 de outubro de 2026
luns, 5 de outubro de 2026
DIARIO DE GREG 10, 1AB
Comezamos coa décima aventura de Greg, na que se enfronta a unha situación moi diferente: intentar vivir durante un tempo como se fose “á vella escola”, é dicir, sen tanta tecnoloxía nin comodidades modernas.
Seriamos capaces de pasar unha semana enteira sen móbil, videoxogos ou internet?
Estes vídeos poden ser un punto de partida interesante para entender o estilo: moito humor, situacións incómodas e aventuras na vida diaria dun rapaz que intenta sobrevivir á escola e á familia.
xoves, 1 de outubro de 2026
DIARIO DE GREG, 1AC
Xa temos unha nova aventura entre mans! Escollemos Diario de Greg 1: Un pringao total, de Jeff Kinney, un libro que nos achega ao mundo de Greg Heffley, un rapaz que intenta sobrevivir ao día a día no instituto, ás amizades, á familia e a todas esas situacións tan divertidas como complicadas que forman parte de medrar.
A través das súas anotacións e ilustracións, descubriremos unha historia chea de humor, ocorrencias e momentos cos que seguro que máis dunha persoa se sentirá identificada.
INVISIBLE, 2C
Abrimos unha nova etapa de lectura compartida con Eloy Moreno e Invisible, que narra, a través dos ollos dun neno, unha historia que podería ser a de calquera de nós.
O libro, ademais, é como un crebacabezas no que o lector non sabe que está a ocorrer ata que aos poucos todo vai tomando forma. Porque... quen non desexou algunha vez ser invisible e quen non desexou algunha vez deixar de selo?
En definitiva, un libro que trata o tema do bullying desde unha perspectiva distinta: desde a da xente que mira e non actúa.
O autor ofrece incluso unha guía didáctica para traballar a lectura.
RECINTO GRIS, 4AB
Comezamos con Ledicia Costas en Recinto Gris.Tras un día de galerna, Cidade Vii foi invadida por un exercito adestrado para conseguir unha cidade perfecta. Aqueles soldados altísimos de uniforme negro e cabeza de lobo peiteaban o territorio, rexistraban cada casa, non deixaban nada ao chou. Tiñan instrucións moi claras que cumprir: colleren aqueles que perturbaban o equilibrio social, ás persoas consideradas diferentes, metelas nos camións e trasladalas a Recinto Gris, un lugar habilitado para aloxar os que non encaixaban no seu deseño. Aqueles soldados lobos presentáronse na casa de Nube, unha rapaza incapaz de mentir, coa intención de levala.
venres, 25 de setembro de 2026
NACE O CLUB DE ADULTOS
Este curso queremos poñer en marcha unha nova actividade dentro do proxecto Muchachada Lectora: un Club de Lectura de Adultos, un espazo para compartir lecturas, conversar e, sobre todo, gozar dos libros en boa compañía.
A proposta é sinxela: reunirnos unha vez ao mes para compartir e comentar un libro. Non é necesario ser un gran lector ou lectora, nin ter experiencia previa nun club de lectura. Só precisamos ganas de ler, conversar e desfrutar.
Animádevos a probar e a formar parte deste espazo de lectura e encontro!
martes, 22 de setembro de 2026
XA
Xa sabemos que profesor ou profesora acompañará a cada grupo, así que... só nos queda decidir por que libro comezamos.
Que arranque a festa lectora!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







