Hoxe reunímonos arredor dun chocolate con biscoito, para "destripar" A neta do señor Linh.
Deixámonos levar pola melancolía, tristura, sorpresa, empatía, resiliencia... e falamos, vaia se falamos! Pasamos da literatura ás emocións, das reflexións máis profundas ás plantas, e mesmo á Thermomix! Porque nun club de lectura tamén hai espazo para todo o que nos fai compartir, rir e coñecernos un pouquiño máis.
E hoxe tivemos, ademais, unha alegría: démoslle a benvida a unha nova integrante, unha avoa que se incorpora a esta pequena familia lectora.
Unha sorte seguir medrando e sumando historias, experiencias e voces!
Fixamos tamén nova lectura para o 1 de decembro.
Grazas por unha tarde de libros, chocolate, conversas e boa compañía. Vémonos na próxima!


Ningún comentario:
Publicar un comentario