Onte inauguramos o club de lectura de adultos. Arredor dunha deliciosa tarta e uns cafés, xuntámonos con moitas ganas de compartir historias, descubrir novas lecturas e, sobre todo, falar de libros.
A nosa primeira lectura será A neta do señor Lin, de Philippe Claudel, un libro que dará moito que falar no próximo encontro, o 17 de novembro.
Emocionadas pola boa resposta, comezamos con ilusión este proxecto. Grazas a todos os que vos animastes a formar parte da iniciativa!

Ningún comentario:
Publicar un comentario