martes, 18 de febreiro de 2020

MENTIRA, VERDADE E... MEDO (CARE SANTOS) 3ºA+B



Despois de ler as dúas primeiras entregas da triloxía (Mentira e Verdade), fixemos un pequeno concurso no que as alumnas e alumnos do grupo de Club de Lectura de 3ºA e B tiñan que pensar un final para esta historia.

¿Que pasará finalmente? ¿Acertarían?

Saberémolo ao finalizar o último libro (Medo)!


Aquí tendes o booktrailer de Verdade:


sábado, 1 de febreiro de 2020

MATILDA, 1º A+C

E despois da lectura, creación.
Noa

Aroa Álvarez

Diana P

Lucas Riveiro

Lucía Barros
Martín Ogando


Zaira Estévez

Álvaro Machado

Érika Mariño

martes, 28 de xaneiro de 2020

A BALADA DOS UNICORNIOS, 4ºA+B

Ledicia Costas, con esta novela que foi Premio Lazarillo no 2017, introdúcenos nun universo de fantasía onde o amor convive con sentimentos tan  desgarradores como o odio ou a vinganza.
A Escola de Artefactos e Oficios acolle os mozos e mozas máis brillantes. Son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e outras proezas abraiantes.Ágata McLeod é unha das mellores alumnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución... e do seu pasado. A inventora terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos.
Tamén temos a ficha de lectura.

luns, 20 de xaneiro de 2020

NÓS TAMÉN QUEREMOS, BOOK TRAILER






Algunha axuda máis aquí

WONDER, LA LECCIÓN DE AUGUST - 2º A+C

Continuamos coa lectura de La lección de August de R. J. Palacio.
August sae pouco, pero este ano todo vai cambiar; vai ir, por primeira vez, á escola. Alí aprenderá a lección máis importante da súa vida: crecer na adversidade, aceptarse tal como é, sorrir aos días grises e saber que, ao final, sempre atopará unha man amiga.
Podemos empezar a ler aquí ou descargar unha guía de lectura.