Ledicia Costas, con esta novela que foi Premio Lazarillo no 2017, introdúcenos nun universo de fantasía onde o amor convive con sentimentos tan desgarradores como o odio ou a vinganza.
A Escola de Artefactos e Oficios acolle os mozos e mozas máis brillantes. Son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e outras proezas abraiantes.Ágata McLeod é unha das mellores alumnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución... e do seu pasado. A inventora terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos.
Tamén temos a ficha de lectura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario