A novela de Domingo Villar Vázquez parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro aparece nunha praia coas mans atadas cunha brida de plástico. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre homes e mulleres que recean de desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis.
No vídeo que segue temos a charla entre o autor e alumnos de 2º Bach na biblioteca do IES de Porto do Son.
No vídeo que segue temos a charla entre o autor e alumnos de 2º Bach na biblioteca do IES de Porto do Son.
Ata temos o trailer da película que tamén podemos ver.
Ningún comentario:
Publicar un comentario