Un selecto grupo de estudiantes pertenecientes a 1º de la ESO, venimos reuniéndonos los Jueves en el primer recreo para comentar en amigable charla las lecturas que vamos haciendo. Hasta ahora hemos leído dos libros: el primero fue El ordenador asesino, del autor francés Christian Grenier. Nos ha gustado bastante aunque no hemos podido volver a mirar nuestras computadoras con total tranquilidad. El segundo ha sido Rapazas, del escritor gallego Agustín Fernández Paz. En breve, comentaremos nuestras impresiones por aquí.
domingo, 6 de maio de 2012
luns, 30 de abril de 2012
CLUB ADULTOS
José Mauro de Vasconcelos con "A miña planta de laranxa lima" foi a elección para a reunión do 1 de xuño.
Publicada en 1968, A miña planta de
laranxa lima, recrea a infancia de Zezé (o propio autor) na favela carioca de Bangú.
Zezé é un neno de cinco anos que se
abre á vida; pero para alguén tan intelixente e sensible coma el, medrar nunha
familia pobre non sempre é fácil.
Cando está triste refúxiase en Minguinho, unha árbore de laranxa lima, e
no seu amigo o Portugués, dono do coche máis bonito do barrio.
Nesa loita por comprender o mundo dos adultos, Zezé, coa súa mirada tan limpa, chega ao corazón do
lector ganándonos sen artimañas.
Aquí podedes escoitar algún dos tangos que tanto lle gustaban e tamén podedes ver un fragmento da película, á espera da última versión de "Passaro Films".
martes, 24 de abril de 2012
Club 3º+4º ESO: Palabras envelenadas
Maite Carranza trata en Palabras envelenadas (Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2011) o tema dos abusos sexuais infantís nunha historia de mentiras, segredos, enganos e falsas apariencias.
A novela narra, nun só día, a historia da misteriosa desaparición de Bárbara Molina, de 15 anos, a través de diversos personaxes -a propia vítima, o seu pai, a nai, unha amiga e o policía que investiga o caso da súa misteriosa desaparición.
Desexamos que vos guste e incluse podedes acceder as actividades que a editorial edebé deseñou para esta novela.
Desexamos que vos guste e incluse podedes acceder as actividades que a editorial edebé deseñou para esta novela.
luns, 16 de abril de 2012
EXCURSIÓN: CAMIÑATA POR VIGO + VERBUM
Case tres anos para preparar unha excursión e eliximos o mellor día, o do diluvio.
O 11 de abril, os clubs de lectura e escritura do centro xuntáronse para viaxar a Vigo. Dúas eran as actividades programadas.
- Un paseo por Vigo para coñecer un pouco máis a cidade. Na camiñata, os alumnos debían converterse en guías turísticos que, tras localizar os puntos da ruta, os explicasen ás profesoras que os acompañaban.
- Visita ao Verbum, museo interactivo sobre a comunicación humana. O noso percorrido, "Sen palabras", centrouse na comunicación non verbal e rematou cun obradoiro no que o alumnado realizou unha animación stop-motion, que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas. E este é o "breve" resultado:
domingo, 18 de marzo de 2012
Club Adultos
Tiempo de Arena, de Inma Chacón (finalista do Planeta 2011), foi a nosa elección para a reunión do 27 de abril.
Un pequeno fragmento aquí.
Novela histórica que contén elementos de misterio a raíz da desaparición de dous nenos e a inclusión de elementos referentes á masonería.
A loita pola igualdade e a tradición fronte á modernidade a finais do século XIX e principios do XX son algúns dos temas que marcan este relato protagonizado por catro mulleres fortes, mesmo na súa debilidade.
Loita e carácter levaranas a buscas desesperadas, renuncias e esperas interminables.
Gustaranos?
martes, 6 de marzo de 2012
La mansión de los abismos
Crime, misterio, traxedia...
O CLub de 3º+4º comeza unha nova aventura da man de Joan Manuel Gisbert con:
Ao longo da historia, sempre existiron mansións e edificios que albergaban e escondían cousas imposibles de sospeitar a simple vista. A mansión dos abismos é un exemplo perfecto diso. O seu aire tétrico e sombrío, e a súa proximidade aos abismos sobre o mar, non son máis que un remoto indicio do que é en realidade.
luns, 5 de marzo de 2012
El manuscrito de piedra
Para o club de adultos, novela histórica, policíaca, de misterio... de Luís García Jambrina.
Na voz do seu autor:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






