José Mauro de Vasconcelos con "A miña planta de laranxa lima" foi a elección para a reunión do 1 de xuño.
Publicada en 1968, A miña planta de
laranxa lima, recrea a infancia de Zezé (o propio autor) na favela carioca de Bangú.
Zezé é un neno de cinco anos que se
abre á vida; pero para alguén tan intelixente e sensible coma el, medrar nunha
familia pobre non sempre é fácil.
Cando está triste refúxiase en Minguinho, unha árbore de laranxa lima, e
no seu amigo o Portugués, dono do coche máis bonito do barrio.
Nesa loita por comprender o mundo dos adultos, Zezé, coa súa mirada tan limpa, chega ao corazón do
lector ganándonos sen artimañas.
Aquí podedes escoitar algún dos tangos que tanto lle gustaban e tamén podedes ver un fragmento da película, á espera da última versión de "Passaro Films".
Ningún comentario:
Publicar un comentario