luns, 14 de abril de 2025
O CORAZÓN DA BRANCA DE NEVE, 2B
Tamén os de 2º B quixemos mergullarnos no xénero policial coa obra de Francisco Castro:
venres, 4 de abril de 2025
A ILLA DE TODAS AS ILLAS, 4B
Xabier P. DoCampo narra a aventura de tres rapaces nunha illa deserta que non ten nome, pero a que todos chaman Navalleira. Puxéranlle ese nome os mariñeiros, porque nela había moitas navallas; pero agora, segundo lles conta o patrón do barco que os leva alí, só quedan brétemas mestas e espíritos. Algúns mariñeiros que chegaran á illa buscando navallas volveran a terra dicindo que escoitaran voces e que viran xentes que lles falaban en todas as linguas do mundo e que vestían como os que veñen nos libros antigos.
sábado, 15 de marzo de 2025
INVISIBLE, 2C
Nós tamén nos unimos ao club de Invisible.
Nesta campaña de Vanish para Brasil, o protagonista é un neno que sofre acoso escolar e que, confrontado a diario con burlas e violencia, prefire replegarse sobre si mesmo e utilizar o silencio a modo de coraza.
venres, 7 de marzo de 2025
LA INCREÍBLE HISTORIA DE LA ABUELA GÁNSTER, 2A
Continuamos con Walliams. Houbo compañeiros de 1B encantados coa lectura e fixeron campaña.
xoves, 6 de marzo de 2025
CARTAS DE INVERNO, 3B
Despois dunha longa estadía en Québec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atopa as cartas que o seu amigo Adrián lle escribira na súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que tal vez as persoas nin tan sequera somos quen de imaxinar.
A editorial tamén conta cunha guía de lectura.
E na biblioteca contamos, tamén, coa versión de Antonio Seijas en banda deseñada.
A editorial tamén conta cunha guía de lectura.
E na biblioteca contamos, tamén, coa versión de Antonio Seijas en banda deseñada.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







