martes, 10 de xaneiro de 2023

LA HISTORIA DE JULIÁN, 2º ESO D


Esta é a continuación de La lección de  August, na que se narra a mesma historia dese famoso neno de fronte  deformada, pero desde a perspectiva do seu  antagonista: o «matón» do colexio, Julian.

La historia de Julian trata sobre o neno que peor se porta con  Auggie. Non soporta velo, non soporta que sexa amigo de Jack, non soporta que estea no seu colexio... e non é capaz de darse conta do impacto que os seus actos poden ter nos demais.

Podemos empezar a lectura xa.

COMO NON LER?


Gianni Rodari, na súa obra “La escuela de la fantasía”, aporta unha clara e interesante reflexión acerca de cómo podemos contribuír a que os nenos detesten a lectura. Fai unha clasificación en nove apartados que sinalamos de seguido.

  1. Presentar o libro como unha alternativa á televisión.
  2. Presentar o libro como unha alternativa á historieta.
  3. Dicirlles aos nenos de hoxe que os nenos doutra época lían máis.
  4. Considerar que os nenos teñen demasiadas distracións.
  5. Botarlle a culpa aos nenos se non aman a lectura.
  6. Transformar o libro nun instrumento de tortura: ás veces, hai tarefas coas que imos engadindo dificultades á lectura en lugar de facilitala. Fan que o libro de lectura deixe de ser divertido, deixe de interesar, de conmover. O libro que entra na escola como un esquema de rendemento escolar, non se converte en algo fermoso, senón en algo que serve ao mestre para expresar un xuízo.
  7. Negarse a lerlle ao neno.
  8. Non ofrecer unha opción suficiente.
  9. Ordenar ler.

O que temos é que crear as condicións para que os nenos lean. O amor á lectura non é unha técnica é algo moito máis interior vinculado á vida.


luns, 9 de xaneiro de 2023

AMEAZA NA ANTÁRTIDA, 1º B

 
Con esta novela de aventuras de Ramón Caride, ilustrada por Miguelanxo Prado, continúan os de 1º B.
Said e Sheila, os dous irmáns do futuro que xa protagonizaran Perigo vexetal (premio Merlín, 1995) e O futuro roubado, viven aquí unha nova e inquietante aventura. Todo comeza cando descobren unha estraña mortandade de peixes no río que hai preto da súa casa. A procura das causas do desastre ecolóxico lévaos ó descubrimento dun terrible plan promovido por Anatoly Koprissos, un multimillonario grego que pretende dominar o mundo mediante a enerxía nuclear.

O proxecto de lectura de Xerais sempre nos pode axudar.

E podemos aproveitar a lectura para ir ao pasado máis próximo: só hai 20 anos do desastre do Prestige. Recordemos.

luns, 14 de novembro de 2022

MEDRAMOS!!!!!!!!!

Encantados este curso coa resposta entusiasta do alumnado. Aos 10 grupos de Secundaria, súmase un en 6º de Primaria!

E aínda pode haber máis cambios pois sabemos que algún profe máis está interesado.