mércores, 28 de febreiro de 2018

WONDER, LA LECCIÓN DE AUGUST - 2º

A lectura de Wonder xa produciu algún resultado interesante ao intentar ilustrar cada capítulo da novela.
Haberá máis, seguro.
Navia Rodríguez - 2º C
Nerea Estévez - 2º C


Érika Méndez - 2º A

Irene Blanco - 2º C

martes, 20 de febreiro de 2018

O ACHADO DO CASTRO, 1º A+B

Núñez Singala lévanos á Roma antiga, mais faino xogando coa lingua obrigando a que os personaxes falen coma nós, con termos de hoxe en día, o que nos leva a situacións moi cómicas desde un “Latín” un chisco especial. Como boa historia romana, hai un emperador, que é de todo agás espelido, soldados, filósofos barbudos e sabios, e… unha historia de amor. Humor, situacións inauditas e, sobre todo, unha lectura engaiolante.

DÍA DE ROSALÍA

Tamén con Rosalía.

domingo, 18 de febreiro de 2018

EL DÍA QUE SE PERDIÓ LA CORDURA, ADULTOS


El día que se perdió la cordura, a primeira novela de Javier Castillo, é un éxito comercial en internet ao permanecer, durante máis de 365 días, entre os más vendidos de Amazon con máis de 40.000 ejemplares vendidos.
No centro de Boston, un 24 de decembro, un home camiña espido coa cabeza decapitada dunha muller. O doutor Jenkins, director do centro psiquiátrico da cidade, e Stella Hyden, axente de perfís do FBI, iniciarán unha investigación que poñerá en xogo as súas vidas, a súa concepción da cordura e levaraos ata uns sucesos fortuítos ocorridos no misterioso pobo de Salt Lake dezasete anos atrás.


Tamén podemos empezar a ler.

venres, 16 de febreiro de 2018

ESCRITORES NOVEIS

Xa está aquí o VI certame de relato curto organizado por FANPA e xa temos no cole o libro que publica os gañadores e finalistas do V certame.
Entre eles está o relato de Iolanda Gil Moreira (4º B) na categoría de Secundaria e José Manuel Rodríguez Gómez (profesor de EF) na categoría de adultos.
Queredes que publiquen o voso? Mirade as bases.

xoves, 1 de febreiro de 2018

PERSÉPOLE, 4º A

PERSÉPOLE foi a elección do club para as vindeiras semanas.

É a autobiografía da iraní Marjane Satrapi, pero tamén é o reflexo da revolución iraní de 1979, que pon fin a máis de cincuenta anos de reinado do Sha e dá paso a unha república islámica.

venres, 26 de xaneiro de 2018

OS MÁIS LIDOS DO 2016-2017

Como cada curso, a Asesoría publica en Ler en mancomún unha estatística froito da análise das actividades dos 243 clubs de lectura que recibiron axudas na convocatoria 2016-17.
Recolle os 50 títulos máis lidos nos Clubs de lectura e en datas próximas darase a coñecer, así mesmo, a relación de autores e autoras máis lidos, de cara á concesión do Premio dos Clubs de Lectura que se vén concedendo desde 2014 e que xa recibiron Agustín Fernández Paz, Ledicia Costas e Miguelanxo Prado.